Os cataláns votan en masa logo dos incidentes da mañá

Crónica de como está a transcurrir a votación no referendo catalán logo da violenta acción policial que tivo lugar nalgúns colexios electoriais. O enviado especial de GC narra como se está a vivir esta xornada nun destes colexios entre a ilusión e o temor a que veñan os antidisturbios.

Por redaccion | Barcelona | 01/10/2017 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Colexios ateigados de cidadáns fronte a antidisturbios. É a situación que se vive nestes momentos en Cataluña a poucas horas do peche dos colexios electorais. Incertidume versus ilusión. Incertidume ante o que poida pasar e ilusión por poder exercer o dereito á autodeterminación. 

Un gupo de mozos ensina a papeleta ante a presencia da Policía
Un gupo de mozos ensina a papeleta ante a presencia da Policía | Fonte: Miguel Núñez

Xa todos sabían que este non sería un referendo calquera. O propio presidente español xa o dixo en público en varias ocasións. Aínda así había certa confianza en que non se tomaran medidas drásticas ou denigratorias para o pobo catalán. 

"Levamos moitos anos agardando por este momento", explica Josep que non durmiu máis de tres horas os últimos dous días. "Aquí no colexio electoral hai persoas de idade avanzada e nenos, non creo que veñan en actitude violenta", explica. Nada máis constituir as mesas comezaron os problemas, primeiro coa aplicación móbil que xestiona a consulta e logo co inicio dos incidentes provocados pola Policia Nacional e a Garda Civil.

"Mira este video, é horrible", comentáballe Eva ás súas amigas. Pasaba das 14 horas e as pantallas dos terminais amosaban imaxes máis propias de países antidemocráticos que dun Estado que presume de moderno e europeo.

Tensión

Varios avisos tensionaron o ambiente entre lúdico e festivo a primeira hora da tarde. "Avisan que vai vir a policia nuns minutos, situádevos no chan os da primeira fileira, e as dúas seguintes de pé, xuntiños para impedirlles o paso e lembrade en non caer en provocacións". Pasado o tempo os únicos policias na rúa son dúas parellas de mossos. Poucos minutos antes de escribir esta crónica outro incidente elevou a temperatura do centro: varias persoas da organización descubriron un axente de paisano pola pistola que levaba no cinto. O incidentes non pasou de aí polos apoupos dá xente.

Un observador internacional do referendo
Un observador internacional do referendo | Fonte: Miguel Núñez

Son as cinco da tarde e aqui seguimos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario