A Guardia Civil “investiga” a un mestre tras montar un debate en clase sobre Cataluña

O principal sindicato do ensino público enarbora a liberdade de cátedra para defender a un mestre que mostrou vídeos dos incidentes do referendo na aula.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 09/10/2017 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A CIG Ensino fíxose eco hoxe das supostas “investigacións” que estaría a desenvolver a Guardia Civil para saber se os comentarios dun docente puideron “incitar ao odio”. O profesor de Historia en cuestión traballa no IES Pino Manso de O Porriño e na súa clase debateuse sobre os acontecementos en Cataluña.

Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Núñez

O profesor mostrou vídeos da represión policial e tamén dos ataques sufridos por algúns axentes. Segundo explicou Alejandro Martínez na Voz, isto chegou aos oídos dalgúns pais. Molestos, algúns pais pediron explicacións ao profesor, ao director e puxeron en coñecemento da Guardia Civil a polémica, que “leva a cabo xestións para averiguar a veracidade dos comentarios”.

Ante isto, a central máis numerosa no ensino público galego dá o seu apoio ao funcionario, “denuncia a inxerencia da Guardia Civil” e esixe que a Consellería apoie a actuación do profesor.

“O caso que nos ocupa, de se confirmar, sería un exemplo perfecto do despropósito por parte da Guardia Civil, que tería levado a que se efectúen indagacións sobre como un docente imparte a súa materia, o que implica non só un feito condenábel desde a perspectiva da defensa da liberdade de cátedra senón tamén desde os mínimos principios democráticos dun Estado que formalmente se define como de dereito por máis que cada día amose cruamente ter abandonado eses principios”, argumenta o sindicato nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 yatedigo

la libertad de catedra se recoge en la constitucion articulo 27 lo que pasa es que la venganza de estos señores es meter miedo