Reaccións en Galicia á crise catalá: Diálogo e máis diálogo

En Marea, PSdeG e BNG destacan a oferta de diálogo de Puigdemont e alertan ao PP de que evite tomar medidas punitivas. O PPdeG evita pronunciarse ata saber “que é o que se aprobou”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/10/2017 | Actualizada ás 21:58

Comparte esta noticia

Todos os grupos da oposición en Galicia valoraron a oferta de diálogo realizada este martes polo presidente catalán, Carles Puigdemont, ao Goberno español e a outras institucións europeas para resolver a crise aberta en Cataluña tras o referendo de independencia celebrado o pasado 1 de outubro. Un diálogo sobre o que, polo momento, o PPdeG evita pronunciarse á espera de saber en que consiste a proposta do presidente catalán.

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

“O que pasou hoxe é unha oportunidade para o diálogo e non hai que desaproveitala”, destacou o líder de En Marea, Luís Villares, en declaracións a GC. Así, lembrou que esta postura de dialogar para solventar a crise institucional, política e social que vive Cataluña “é a que leva defendendo en Marea desde hai tempo”. “E iso non quita que apoiemos, como tamén o facemos para Galicia, o dereito a decidir”, indicou.

"Queremos un referendo con todas as garantías, para que todo o mundo se poida sentir cómodo e para ter unha foto nítida da vontade popular", dixo apelando ao acordo para a celebración dunha nova consulta con garantías. 

Por iso, Villares advertiu ao Goberno español a que non se enroque nunha postura de non falar e “non tender a man” á Generalitat. “Houbo un movemento moi interasante que é a posiblidade dunha saída dialogada. Agora o Estado ten que saír do seu inmobilismo e non é o momento de medidas coharcitivas. Puigdemont e o pobo catalán fixeron unha oferta clara de diálogo e hai que escoitalos”, sinalou.

O "máis sensato"

Tamén o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga dixo que a apelación ao diálogo do presidente Puigdemont foi o “máis sensato” que puido facer. Non obstante, tamén recoñeceou o “confuso” das súas declaracións. “Supoño que afectaron na súa decisión os acontecementos das últimas horas, coa manifestación do domingo e a fuga de empresas”, indicou en declaracións a GC. 

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

En todo caso, recoñeceu que a súa apelación ao diálogo “non é nada clara”, porque “non hai prazos, nin vías concretas, nin interlocutores, nin nada”. “Se quere dialogar pode utilizar o Parlament. Se quere reformar o Estatut pode facer unha proposta desde o Parlament e mandala ao Congreso. Esa é a mellor vía”, indicou ao suliñar que a legalidade da proposta do president é “moi, moi discutible”. 

“Agora o que haberá que facer é intentar esgotar as vías de diálogo e tomar o ofrecemento que fixo e tentarlo atraer a un espazo da legalidade, pero senón é así pois o goberno ten a defender a legalidade”, engadiu.

Pola súa banda, o BNG reaccionou á comparecencia de Carles Puigdemont mostrando o seu recoñecemento á "lexitimidade democrática das decisións e acordos do Parlamento" de Cataluña e instou ao Goberno central a iniciar un "diálogo político".

BNG e Anova

Nun comunicado emitido tras a intervención de Puigdemont, o Bloque recoñeceu "a lexitimidade democrática das decisións e acordos do Parlamento catalán, espazo da representación política soberana do pobo de Cataluña".  O BNG chamou a "sumar voces e opinións" desde a sociedade galega "en favor do diálogo e dunha resolución pacífica e democrática do conflito político aberto". "Sempre desde o recoñecemento pleno do dereito a decidir e da plena capacidade para exercer na práctica ese dereito", subliñou.

"Consecuentemente", reclama que acepte "o dereito das nacións" que hoxe forman "parte del a decidir e a exercer, no seu caso", a "plena autodeterminación". "De non facelo, o problema político de fondo, lonxe de resolverse, agravarase", avisa.

Pola súa banda, Anova lembrou que o 1-O demostrou a "baixa calidade democrática do Réxime do 78”. Por iso, reprobou a actitude "irresponsábel e ultra de Feijoó que saltándose o seu papel institucional se adicou a crispar en vez de adoptar un rol pacifista". Desde Anova denunciaron que se aproveitou o procés para atacar dereitos e liberdades e recortar os dereitos civís de toda a cidadanía no estado.

“Unha vez escoitada a iniciativa de diálogo proposta hoxe, cremos que non ten ningunha razón de ser a posíbel tentación do estado de camiñar cara cara un estado de excepción, aplicar o 155 ou insistir na criminalización da decisión do pobo de Catalunya. A vía autoritaria é tan só a expresión do fracaso do Goberno de Rajoy para enfrontar a crise política do Réxime do 78", suliñou nun comunicado.

PPdeG

Os populares galegos evitaron, polo momento, pronunciarse sobre as palabras de Puigdemont. “Primeiro temos que coñecer cal é a oferta de diálogo e, sobre todo, o que queren firmar e quen o firma”, indicaron fontes oficias deste partido a GC sobre a suposta declaración de independencia de Cataluña.

Durante a mañá deste martes, o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy,  admitía que a "esperanza" de que se poidera normalizar a situación era "máis feble cada hora que pasa", xa que "parece" que as decisións encamiñadas a "forzar ao máximo a alteración da orde constitucional" xa estaban "adoptadas". 

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

10 Filomeno

Que porcallada de nacionalismo. Falo do españolismo, do imperialismo dos colonialistas. E, tamén, de certo chauvinismo catalán que sempre ollou o propio embigo. Outra cousa son os soberanistas, desde ERC á CUP e boa parte de Podemos, neles hai esperanza. Estou a varios miles de quilómetros do estado fascista español, hoxe mesmo escoitei o hino nacional do país de residencia, en pé por respeito aos de arredor, que a min as marchas patrióticas non me emocionan, na realidade danme arcadas (como cando engoles comida ofrecida, para non desprezar a quen convida, non pola apetencia), mentres cavilei na estupidez humana dos que precisan fronteiras para sentirse seguros, e o pior, das bestas que pretenden impoñer cercas e sentimentos a quen non desexa compartilos. O dito, saúde e abaixo as patrias impostas!!!

1 nostrus

Los que no conoceis frontera sois gente peligrosa porque fácilmente no sabeis donde terminan vuestras propiedades y vuestros derechos y empiezan los de los demas. El ser humano es un animal social y por eso los que no os acomodais a vivir en sociedad no teneis amigos y os pareceis mas a las culebras y a los gatos que a las hormigas, las abejas o las personas. La gente como tu sois los mejores aliados del independentismo insolidario que es capaz de hacerse daño a si mismo para perjudicar al semejante. Solo falta que encima os creais los puros y escogidos

2 Filomeno

Nostrus, cando queiras falamos de socioloxía desde o ámbito académico. O da taberna, onde ti estás titulado, non ofrece nivel. Aclalar dúas notas, non todos acreditamos nas propiedades e somos estes os que mellor respeito temos polos dereitos dos demáis. As maiores estupideces humanas cometéronos seres fanatizados coma ti, as formigas e as abellas (se cadra, no teu caso, avespas). Que ti precises cortello para sentirte seguro non debería implicar que obrigues a pechar aos demais segundo o teu simple esquema mental. O teu nacionalismo fascista cúrase entendendo a humanidade ou viaxando. Sae do cortello!

9 nostrus

El dialogo es util con gente que razona, pero con gente que no razona es igual que predicar en un desierto. Es absurdo esforzarse en tratar de integrar a los que no se quieren integrar y si tratamos de modificar algo solo estaran de acuerdo si se salen con la suya, porque son extremadamente egoistas y solo piensan en estar ellos a gusto. Son una minoria y solo estarian contentos si estuvieramos descontentos la inmensa mayoria. Puede que estemos condenados a su crispacion, a sus quejidos y lamentos y su victimismo, pero no hay forma de razonar con ellos.

1 Finezza

Vou copiar o comentario para lembrarcho cando ataques a normalizacion da miña lingua.

2 nostrus

Eu non ataco a tua lingua nin a tua relixion (pode que sexan o mesmo), estou a favor da liberdade lingüistica na sua maxima exponencia posible, pero estou en contra de evanxelizar relixiosamente ou linguisticamente.

8 Independencia e Socialismo

O pobo catalán non pode confiar na burguesía catalá, nin nos partidos burgueses, que deron as costas a clase obreira do cinto vermello, onde mais se votou a prol da independencia.. Outra xeira mais, se amosa que o patriotismo burgués, só son os intereses da burguesía co no novo estado independente, ou co estado colonial, e que o Proces foi unha farsa. É o pobo catalán, xunto con partidos non burgueses coma a CUP, que ten que coller o facho da Revolución, contra o corrupto réxime neo franquista e Bubónico do 76 en descomposición, , para acadar a independencia polo socialismo.

7 arturo

Xa que logo, o referéndum do 1/10 non foi nin libre, nen democrático nen con garantías.

1 Failde

Certo, os nacionalistas españois impedistes pola forza que tivese garantías democráticas.

2 vryheid

Non é a nosa responsabilidade que o governo espanhol tenha boicotado ele.

6 pichon

Pero se do único que nos temos que preocupar e se Madrid pide a independencia, porque Galicia queda co cú o aire. Somos tan dependentes que a lei de dependencia non evitaría perder tódolos fondos xa que a industria, o control dos medios e a fiscalidade e o asesoramento político xa está en Madrid. E mentras cataluña reíndose.....