Dogmático inmobilismo

O concepto de legal ou ilegal está moi suxeito a filosofía xaponesa do aquí e agora, a leis son cambiadas a necesidade polos gobernantes dos estados, transformando algo ilegal en legal ou viceversa cando entra en vigor unha modificación. Quen non lembra, aquela medida histórica socialista de poñer as autoestradas a 110 km por hora, un día ir a 120 era legal e o día seguinte era xa ilegal e multado, por certo medida que so lle veu ben ás empresas de sinais.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 16/10/2017

Comparte esta noticia
Calquera Estado avanza na medida que as súas leis  son o reflexo da sociedade e regulan de forma sensata a convivencia, cando unha democracia é como din, avanzada, os políticos buscan o consenso para que as normas sexan aceptadas por todos. Entón como é posible que en España se estea permanentemente atados pola Carta Magna do 1978, non ten sentido nin xeito. Está demostrado que hoxe non é unha ferramenta válida, non só polo tema de Cataluña, que o final é a realidade de que España son un conxunto de pobos e nacións. Tamén  todos sabemos que o marco de Europa non está recollido na Constitución, a caso non é unha perda de soberanía a política pesqueira común e a agraria. Pois non está recollido na Constitución.
 
O problema é que temos un Presidente do goberno acostumado a gobernar con maiorías: Deputación , Xunta e Estado. Non ten pois a cultura do dialogo necesaria para construír, ten a cultura do rodeillo que unida o seu dogmático inmobilismo constitucional fai que a sociedade estea estancada, ou peor, comece a estar enfrontada. Non fai uso da capacidade galega de dialogo e sentidiño, os galegos somos xente de pacto de axudas entre veciños, da roga e de impulsar cambios, cantos galegos e galegas impulsaron os Estados da diáspora coa súa natureza emprendedora. 
 
É preciso reformular o Estado, é preciso falar do mundo global. Non é tan complicado, incluso en Alemaña existen rexións que teñen dereito á elección directa ó Parlamento Europeo, como recoñecemento. Galicia ten que estar no Estado e en Europa coa máxima capacidade e competencia, sería un tolo se dixese que Galicia pode competir sola no mundo, pero tamén é de recibo que o noso e noso e que temos que decidir entre nos, respectando o resto. Cal é o problema de votar? Quebec e Escocia fixérono, busquemos pois o marco legal e defendamos cada quen a súa postura.
 
É fácil agocharse tras un documento de 1978: PP, PSOE e Cidadanos sábeno. O difícil é explicar a necesidade de avanzar e de modernizar o Estado Español. Canta falta de altura política canta covardía e irresponsabilidade.  
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA