Por Galicia Confidencial | Nebra, Porto do Son | 14/10/2017 | Actualizada ás 13:00
“¡Un padrenuestriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán!“, recollía Castelao nunha ilustración do libro Nós en 1931. Facía alusión aos feitos acontecidos hai 101 anos, o 12 de outubro de 1916, cando a Garda Civil mataba en Nebra (Porto do Son) a cinco veciños, catro mulleres e un home. Na estrada ficaron tamén 32 feridos, a maioría mulleres,por feridas de bala.
Serían coñecidos a partir de entón como as “mártires de Cans” ou de Nebra. Foi a primeira gran represión contra o movemento agrarista galego e as autoridades, logo da traxedia, obriraron aos medios e institucións a gardar un forzado silencio sobre o acontecido. Máis no portal Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.