Por Galicia Confidencial | A Cañiza | 15/10/2017 | Actualizada ás 20:33
Centos de coches quedaron atrapados no túnel da A52 por mor dos virulentos lumes que existen na comarca. A Garda Civil solicitou aos condutores dar a volta, xerando escenas de caos.
Os vehículos quedaron en moitos casos atravesados ante a falta de espazo e as fotografías e vídeos compartidos nas redes sociais mostran unha situación na que resultou practicamente imposible avanzar nin nun sentido nin noutro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.