Miguel Ucles, as verdades dun bombeiro que estivo nos peores lumes: “Menten descaradamente”

É o presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia. Estivo todo o domingo dun lado cara a outro no sur de Pontevedra para tentar facer fronte ás lapas nos peores incendios, os de situación 2. Viviu tensión, terror, medo, indefensión... pero sobre todo, moita solidariedade. A de centos de veciños que saíron a axudalos cando máis o precisaban. Sobre a coordinación, os medios e os efectivos dos que fala a Xunta é contundente: “Menten descaradamente”. E sabe do que fala. Estivo loitando contra os lumes durante 24 horas.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 17/10/2017 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Fixémolo sen as institucións, sen poderes que nos coordinaran, como se fora hai 30 anos. Non houbo planificación e non tivemos capacidade real de dar todo o que podíamos”, asegura nesta entrevista na que critica que non existe unha “estrutura seria de coordinación.

Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

“Menten descaradamente. Cando facía falta xente non había xente”, engade. "Nin estaba a UME nin ao resto dos profesionais dos que falan. Eu nos montes do entorno de Vigo só atopei un cuadrilla de oito peóns e varios axentes forestais. Iso durante todo o domingo na área metropolitana de Vigo e mesmo fóra dela".

Ademais, suliña que non hai tampouco unha política forestal clara. “O monte galego é un desastre ecolóxico e iso é un problema dos gobernantes por non saber ordenalo. É facil botarlle a culpa aos incendiarios, pero o que hai é que dar solucións”, aclara.

Pero para Miguel o máis importante foi a reacción da xente que se botou á rúa para axudar. “Temos un pobo que cando hai que reccionar é todo colaboración e honestidade. Damos grazas á xente. A todos eles.

Supoño que son os días máis duros como bombeiro da túa vida, non?

Miguel Ucles, presidente da Asociación de Bombeiros Públicos de Galicia
Miguel Ucles, presidente da Asociación de Bombeiros Públicos de Galicia

Como bombeiro foi unha situación límite. Eramos moi poucos a traballar, sen capacidade de reacción e foi grazas aos veciños  que poidemos traballar. Pero fixémolo sen as institucións, sen poderes que nos coordinaran, como se fora hai 30 anos. Non houbo planificación e non tivemos capacidade real de dar todo o que podíamos porque, por exemplo, a miña dotación tardou catro horas en atopar a outra dotación forestal e, cando nos atopamos con eles, estaban sen auga. Profesionalmente é imposible tragballar así.

E cal é a sensación que tes logo de loitar case dous días seguidos contra os lumes?

Pois que se pode facer moito mellor. Levamos denunciando hai tempo que non hai estrutura seria de coordinación e que se politizou as emerxencias. E isto fai que, cando acontencen estas traxedias, pois se repeita sempre o mesmo caos. Por iso é polo que non estamos dando solucións aos cidadáns.

Ti foches un dos que estivo ns puntos quentes da área metropolitana de Vigo, onde había perigo severo para as persoas. Como foi a intervención neses lugares?

Cando comecei a traballar no Monte Galiñeiro e en Zamáns fomos quen de controlar a situación nun primeiro momento, pero logo vimos tamén que o lume corría de xeito impresionante para o monte Alba e tentabamos poñernos en contacto co 112. Pero durante horas foi imposible coordinarnos. E por iso fixemos o traballo sós. Logo desprazamonos a Chandebrito, en Nigrán. Aquilo era dantesco, coma un inferno. A zona illada e sen poder entrar. Os veciños estaban rodeados por lume e só había policías nacionais tentando axudalos. O que tentei entón foi buscar vías seguras pero era moi difícil pola intensidade do incendio. Só puidemos evacuar no meu coche e no da Policía a varias persoas. Cando quixemos volver, xa non puidemos. Tivemos que agardar unha hora. Foi entón cando os veciños comezaron a dicir que faltaba un coche. Comezamos a buscalo e foi cando dimos coa furgoneta queimada.  Iso se podía solucionar se a Xunta puxera motobombas sen saír do núcelo da poboación. No momento aquilo era un forno e a situación dantesca. A xente maior pasouno mal co fume.  Logo desprazámonos a Valadares, en Vigo. Vivimos situacións de moito pańico, con bulos, e non dabamos abasto, indo dun sitio a outro. Durante todas as horas de servizo as dotacións estivemos traballo sen descanso.

As 24 horas?

Si e nalgúns casos mesmo case 40 horas. Os que saíron da garda continuaron e deron todo o que tiñan.

Fálase moito de incendiarios, de terroristas do lume, de grupos organizados. A túa experiencia que che di?

A min o que me di é que non se pode botar a culpa a unha situación concreta cando non hai prevención, nin xestión mediambiental, nin capacidade profesional. Non podes ter o monte como se fora gasolina e logo culpar a quen bota o cigarro. O monte galego é un desastre ecolóxico e iso é un problema dos gobernantes por non saber ordenalo. É facil botarlle a culpa aos incendiarios, pero o que hai é que dar solucións. Por iso, os profesionais pedimos que se nos escoite. 

Entón cal cres que son as razóns do que está pasando?

Pois estamos de costas ao monte. Tanto monocultivo de especies que non son autóctonas e que teñen unha capacidade de lume brutal, pois fan moito dano. A xestión de Emerxencias non é real porque non se poden contar cos voluntarios en momentos claves. E nesta crise viuse. A cidadanía ten vontade, pero para traballar a diario precisas xente preparada. E se temos montes abandonados e con especies perigosisimas e sen medios, pois pasa o que pasa.

Un punto ao que a Xunta nin o Goberno central queren chegar é o da coordinación. Insisten nos medios. Case 6.000 efectivos, moitos medios aéreos e, sobre todo, a UME a que non cansan de felicitar. E iso chega ou é para tapar outras cousas?

Menten descaradamente. Cando facía falta xente non había xente. Dicían que virían ás cinco da mañá os da UME. Eu estaba traballando aínda e xa non facían falla. Están mentindo. Non é verdade. Eu traballei alí e eu non atopei a todos eses profesionais dos que falan. 

A UME tampouco?

Nin a UME nin ao resto dos profesionais dos que falan. Eu nos montes do entorno de Vigo só atopei un cuadrilla de oito peóns e varios axentes forestais. Iso durante todo o domingo na área metropolitana de Vigo e mesmo fóra, na zona de Pazos de Borbén. Os datos non son reais. Son sacados de manual para pasar o momento.

Din que había bombeiros doutras partes do Estado que querían vir botar unha man...

Si. Moitos compañeiros querendo vir. Pero como non hai coordinación pois non foi posible. Había xente de Sevilla, de Madrid, de Cataluña, de Valencia. Incríble. Todos dispostos a vir pero non podes traelos e chegar aquí e sexa todo un descontrol.

E ti cres que se aprenderá disto?

Non, porque vai volver pasar outra catástrofe. Levamos denunciando meses, anos. Ourense leva ardendo todo o verán e seguen culpando a catro e non se cambia o modelo de xestión e de emerxencias e de prevención. Aí está a triungalación necesaria para cambiar todo o sistema.

Es moi crítio cos poderes públicos. E da xente, que mes dis?

Temos un pobo que cando hai que reccionar é todo colaboración e honestidade. Damos grazas á xente. A todos eles. Tratáronnos cun respecto e cariño incríble. A mellor xente para traballar. E non é para quedar ben.

E, a patir de agora?

Nós imos seguir estando aquí. E temos a responsabilidade social de seguir garantindo a seguridade dos cidadańs e do medio ambiente. Así que seguiremos onde sempre estivemos, que é loitando, para que así sexa.

Pois que así sexa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

7 to 60 mil hectareas

LUMES APAGADOS: Boiro Cures 70 ha (20A+50R) Val do Dubra Portomeiro 367 ha arboradas A Pastoriza Lagoa 30 ha arborado O Incio Noceda 73 ha arborado Paradela Paradela 80 ha (70A+10R

6 Soplandoalsorberenlaescalera

Pois coma dicía antes, esa xente tan solidaria é a que te reconcilia coa vida, especialmente en días nos que tes que ler cousas coma estas publicadas por los comunistas "verdaderos"... Eses que aínda non nos aclararon onde está Andreu Nin nin pediron perdón pola súa morte e a de tantos... Con xente coma esta coma queredes que os galegos confíen nas esquerdas: https://twitter.com/ciudadfutura/st... E difícil calibrar se é un insulto ou só unha acumulación de tópicos dun castizo de la capetal. Que vergonza que a estas alturas haxa que aturar isto!

1 Cuñaoookouminstaverdadero

E doe moito máis que este señor comunista verdadero afirme isto despois dos días que vivimos en Galicia esta fin de semana. Respeto comunistas. Evos moito pedir. E vós, os colegas destes en Galicia, non tedes nada que dicir. Xa se ve o que nos valorades ao resto dos galegos. Por favor, deixádenos, comunistas "verdadeiros" en paz aos galegos e aprendede solidaridade, da verdadeira, de nós. E non, non queremos as vosas leccións nin os vosos tópicos cutres e casposos. E unha derradeira cousiña: estou segura que Fidel Castro pensaría o mesmo... Non é un dos vosos líderes?

2 Basta xa! de mafia do PP

Si colega, é unha casuliade a falta de medios que teñen os xulgados para investigar. É unha casualidade que o PP baixara o tempo para investigar os actos de corrupción. Os 800 casos de corrupción que o PP ten nos xulgados. É unha casualidades que case todos os indultos do gobernó sexan para corruptos. As 13 testemuñas da corrupción na financiación do PP que pasaron a millor vida. Que mentras en Portugal un ministro esté imputado, e que o gobernó do PP olle para outro lado. Tamén é unha casualidade que os aforados do PP acusados do PP podan escoller o xuiz que leve o seu cao. O membro da esqupa de extinción que pillaron a semá pasada por prender 3 lunes Tmén é unha casualidade que facer un chiste de Carrero ou por ser independentista teñas pea de cadea, pero que o cohecho e a corrupción, non.

3 Comprensiónlectoraxa

E a min que me dis. Eu só critico os tópicos dos comunistas verdadeiros. Son de esquerdas, pero non estalinista nin dogmática. Creo que o twitter é rancio e tópico. E son tan crítica ou máis ca ti, pero o que non vou consentir é que ningún comunista verdadeiro se ría de min e dos meus con tópicos sobre se subo ou baixo. Tes que mellorar a comprensión lectora.

4 Comprensiónlectoraxa

Refírome o tweet que enlacei por suposto deste señor, pero é que as arroutadas dos que nin len o que contestan fanme perder o tino e confundirme.

5 Fada-raposa

Kollona, deixa de remexer, ti es un simple troll que tanto te fas a alporizada se ousan criticarte mentres enmerdas todo o que tocas coa túa obsesión anti-podemos. Comezamos por lembrar que tomaches o teu nick insultador do twitter dunha deputada da Marea de Podemos (kollontai, verdade?). Que defendeches a Felipe do Gal, a ZP que se agachou ante os mercaderes de Europa e pactou reformas co PP, a Pedro Sánchez como líder que agora vai de ganchete con Raxoi contra a libre vontade do poco catalán... Troleadas dunha meretriz do BNG!!!

6 Xustonomedio

Mimá canto complexo tes nese corpiño...

7 Fada laverca

Tranquilo, ho. Seguro que este ataque de ira pasará e te sentirás mellor. Non se pode vivir así, con tanto odio. Eu defendo o que considero verdade e erro. Cando menos eu asumo os meus erros, por exemplo terme fiado dalgún destes "comunistas verdadeiros" nalgún tema. Evidentemente cando alguén é tan seitario non pensa por si mesmo e ve escuras conxuras en todas partes. Que triste é ser tan dogmático e seitario. E con respecto a Nin, sigo pedindo que o PCE se desculpe pola súa morte. Creo que aínda non o fixo e francamente, non me gusta o estalinismo nin os estalinistas. Precisamente eu con este comentario estaba atacando a algún dos principais críticos de Podemos e das Mareas. E que non vos enterades de nada. Que peniña o voso. Ánimos caro... Seguro que o teu se cura... En verdade creo que é posible establecer algunha conexión cerebral máis para que salla da túa boca un argumento e non un insulto. Por certo, que fisno o de "meretriz" e que sexista, tan na túa liña.

5 Basta xa! de mafia do PP

A propia Audiencia Nacional por medio do xuiz Héctor Ignacio Santamaría afirma que hai un cártel mafioso criminal de 14 empresas e cargos do PP que amañan todos os concursos públicos, e logo con sobrecostes e incendios provocados, teñen montado un entramado criminal que leva estafado mais de 250 millóns de euros, as administración pública. Diversos cargos coma o ex alcalde de Quartell, Francisco Huguel e a sua dona. O concellal do PP Emilio Máñez. O exsecretario do PP no P. Valencia, ex concelleiro e ex delegado do gobernó Serafin Castellano o ex secretario do interior Pedro Hidalgo tamen do PP., e moitos altos cargos do PP coma Ramón Dinares, Xavier Palmés etc. etc etc. se enfrentan a peas de cadea por cohecho, malversación de caudais públicos, falsead documental, negociacións ilícitas etc..Directivos das empresas e altos cargos públicos do PP entre eles de Galiza, acusados por pertenza a organización criminal no macroxuizo que leva a Audiencia Nacional

4 Eskepticus

Outro mareante en precampaña electoral. Nun par de anos con poltrona no Horreo a 5.000 €/mes

1 Kuñaoooo

Home este ao menos parece merecela. Peor sería se cha desen a ti que non semellas ter moitos argumentos máis alá das descualificacións de cuñaooo.

3 miec

Unha reflexión: Ante o accidente de Tren de Angrois, foron os particulares xunto con uns poucos policías, os que poideron salvar a moita xente, coa colaboración do persoal do hospital.Tiñan un plan preventivo para accidentes??. Gracias xente de Galicia, a mellor.

1 Fada laverca

A verdade é que a nosa xente é moi solidaria. O que pasa é que tamén é moi desconfiazada politicamente e quizais non sen razón. Unha vez máis, amosamos que sabemos afrontar a vida con coraxe, valentía e solidaridade.