Estamentos que son de todos e todas, como son o exercito e a policía. Sobre isto si me preocupan xestos e simbolismos. Preocúpame a politización do desfile deste ano, feita a conciencia e con coñecemento de causa. Preocúpame a lectura e o énfase feito dende a TV pública de moitas partes do desfile. Acaso esquece o goberno e os partidos da oposición: PSOE e Ciudadanos, socios precisos, as “Reales Ordenanzas para las Fuerzas Armadas de España” que din que o exercito é necesariamente apolítico. Coido que están a pasar unha liña vermella desas que eles tanto gustan de poñer ás negociacións. Ala eles coa súa irresponsabilidade.
Un capitulo especial merece o uso político da Policía Nacional, teño moitos amigos neste corpo e sei da súa profesionalidade e entrega. Dóeme como cidadán que sexa este precisamente o primeiro desfile no que participan, xa sabemos con que intención e para alimentar que posicións, dóeme porque usase partidariamente un corpo digno e profesional. Pregúntome si a presenza da Policía Nacional non tiña máis sentido depós da súa actuación no 11M, non era máis lóxico e máis inclusivo, recoñecer daquela a súa labor? Ala eles coa súa responsabilidade, notouse moito o que buscaban.
Coido que é moi grave que o Presidente do Estado, estea permanentemente actuando como Presidente do Partido Popular, tomando decisións con fondo electoral e partidista. É irresponsable.
Tampouco escapa o compadreo entre PP e PSOE incluso con ZP e González presentes, demostrando que os posibles cambios de fondo que afectan o seu Status Quo de moqueta é mellor defendelas xuntos, só espero ver o señor Felipe González, que levaba moitos anos sen asistir e partillaba moito co Señor Feijoo, no desfile de Colombia así vai demostrar un pouco de credibilidade como cidadán colombiano que tamén é. Como líder social xa fai tempo que a perdeu.
Aínda hoxe me sorprende o uso partidista dos estamentos do Estado, que iluso, pero aquí están fallando no fondo, se buscan pechar filas con manobras tan bordas e pobres coido que lles vai explotar nas mans, a xente non é tan parva. Ese día certifiquei que quero ser máis Europeo, máis Castrexo e menos Hispano.