Por Galicia Confidencial | Caldas de Reis | 20/10/2017 | Actualizada ás 12:28
A vaga de lumes que asolou Galicia esta semana tamén afectou a unha importante parte do noso patrimonio. Así é o caso dos petroglifos da Laxe dos Bolos, no monte Xiabre, en Caldas de Reis.
Este conxunto está considerado unha das maiores inscricións rupestres de Galicia, pertencentes ao Calcolítico - Idade de Bronce (III-II milenio a.C.). Estes petróglifos son deseños de tipo esquemático e xeométrico: representacións zoomorfas, pegadas, cazoletas, combinacións circulares con e sen apéndice radial, motivos cuadrangulares con divisións internas, e outras variantes. Atópanse próximos á fervenza de Fridauga, tamén calcinada polo incendio que afecou o monte Xiabre o pasado domingo.
Neste vídeo enviado a GC obsérvase a pegada do lume na zona na que se atopan estes petróglifos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.