Podemos rexeita que se lle poña o nome de Fernández Albor a un parque de Vilanova polo seu “pasado nazi”

Lembra que estivo cobrando 3.000 euros no Consello Consultivo "sen ter pisado nunca o seu despacho" e critica ao PPdeG por utilizar as institucións para facer "partidismo".

Por Galicia Confidencial | Vilanova de Arousa | 30/10/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Podemos Vilanova non quere que un parque neste concello leve o nome de Gerardo Fernández Albor, ex presidente da Xunta que ben de facer 100 anos hai unhas semanas. 

Fernández Albor recibe a medalla de ouro ao mérito no traballo de Rajoy
Fernández Albor recibe a medalla de ouro ao mérito no traballo de Rajoy

Esta formación critica que o PPdeG, que goberna neste concello, o utilice "coma servinte dos seus intereses partidistas". "Déuselle a un dos nosos parques o nome do fundador de Alianza Popular, Gerardo Fernández Albor, unha personaxe cun pasado escuro, que recibiu condecoracións polo réxime nazi sendo piloto da Luftwaffe", apunta Narciso Oubiña, secretario xeral do Círculo de Podemos Vilanova.

Ademais, critica que Fernández Albor cobrou durante tres anos 3.000 euros ao mes no Consello Consultivo de Galicia, "sen ter pisado nunca o seu despacho". Oubiña tamén lembrou que, ante as peticións de que os Franco devolveran os bens froito das extorsións do ditador, o ex presidente da Xunta avogou porque “á familia Franco hai que deixala feliz”.

"Podemos Vilanova rexeita a hipocrisía manifesta cando para homenaxear a este tipo de personaxes se utilizan os nomes de Rosalía, que desprezaba o caciquismo, ou o de Valle, que se enfrontou con valor á ditadura de Primo de Rivera", engade nun comunicado. "Rexeitamos, sobre todo, o uso partidista dos recursos públicos e que se creen divisións entre a veciñanza homenaxeando a individuos polémicos, dunha moralidade mais que dubidosa", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta