Compre analizar de onde sae esta situación, que se iniciou coa reforma laboral de ZP e o cambio do 135 da Constitución, que milagrosamente é posible cambiar. As dúas reformas laborais responden a un deseño digno da FAES. E as decisións que foron tomando sinalan o camiño do cambio do sector produtivo e laboral no sur de Europa. Os socialistas puxeron a primeira pedra do camiño, atacando ós funcionarios, os controladores e aqueles sectores que podían ser a vangarda do avance laboral, logo veu o PP e cargouse a negociación colectiva poñendo ós traballadores un a un diante do empregador.
Pero a chave do tema é saber o porque. Na miña humilde opinión isto está moi relacionado coa gobernanza global. A man de obra asiática, xa non é tal porque no seu mercado interno xa consumen máis do que producen, a situación do sur de America e moi inestable para as corporacións. África vive unha guerra perpetua, xa que logo a resposta é fácil, que quedaba? Pois o sur de Europa. Que tiñan que facer para ser competitivos? pois o que fixeron, borrar os dereitos dun plumazo.
A cuadratura do circulo está servida, os datos macro, funcionan e o paro baixa, pero a que prezo? O da moderna escravitude, traballar por 500 euros significa que para vivir con dignidade tes que ter cando menos dous ou tres traballos. Iso e a perda total do marco das relacións laborais garantía unha paz social fácil de vender.
É hora de saber que é o que queremos, ou mellor o que queremos que os nosos fillos herden. Unha sociedade equilibrada onde un árbitro chamado administración garante que non se abusa da xente, ou un Estado produtivo onde cada quen se busca a vida. Eu quero o primeiro, pero para iso non precisamos a tutela e conivencia dos Partidos coa Troika e o Banco Mundial, para iso precisamos Europa, moita Europa con igualdade, sen fronteiras e que aposte firmemente polo piar social. Xa non por nos senón que polos que veñen.
Porque PP, Psoe a algún outro vende a dignidade da xente? Pensemos.