Os promotores de Porto Cabral: “Os que o critican serán os primeiros en poñerse á cola para pedir traballo”

O presidente dos comuneiros advirte a PP e PSOE de que non apoiar Porto Cabral "é non querer facer nada por Vigo". Garante que o monte comunal "non corre risco" e, aínda con Porto Cabral, terá máis superficie que hai uns anos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/11/2017 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O presidente da Comunidade de Montes de Cabral, Luís Rodríguez, un dos principais defensores do proxecto Porto Cabral, en Vigo, volve saír en defensa desta iniciativa empresarial. E faino con contundencia. “Os que forman a minoría que se opón a Porto Cabral serán os primeiros en porse á cola para beneficiarse dos empregos”, dixo ao tempo que lamentou as "perogrulladas" e "intoxicacións" dos críticos con esta iniciativa.

Presidente da Comunidade de Montes de Cabral, Luís Rodríguez
Presidente da Comunidade de Montes de Cabral, Luís Rodríguez

Así, e con respecto ao grupo de comuneiros que se opoñen a 'Porto Cabral', o presidente da xunta reitora insistiu en que son "minoría" e que "non se pode dicir que a Comunidade de Montes estea en contra. É máis, suliñou que a directiva é a primeira promotora desa campaña de recollida de firmas". Así, descualificou os argumentos que utilizan os opositores para criticar o proxecto, e asegurou que "nunca" coñeceu unha iniciativa que fose máis "pública, explicada e transparente". 

Ademais, xustificou a posición da directiva comunal, e lembrou que, se existen os terreos para uso comercial, "o menos que se podía facer era sentar a negociar", que foi o que fixo a directiva. Nesa liña, afirmou que, nese espazo, "está prevista a expropiación forzosa" cando se desenvolva, e para lograr o acordo máis beneficioso, a Comunidade de Montes pactou un prezo de 40 euros por metro cadrado, moi superior á media do prezo en expropiacións dese tipo.

ASEMBLEA POLÉMICA

Rodríguez tamén se referiu á polémica asemblea celebrada en novembro de 2013 (despois de ser aprazada por incidentes cos comuneiros críticos). Segundo precisou, o que se someteu a votación nesa reunión foron "as condicións" que a xunta reitora pactou con Intu (o prezo das expropiacións, a reposición de servizos, o acondicionamento dun lugar alternativo para a Romaría do Pan de Millo, etc.), e non se os comuneiros estaban a favor ou en contra de Porto Cabral. En todo caso, o pasado verán, o Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo ordenou rexistrar a sede dos comuneiros para localizar a documentación que xustifique o gasto de case tres millóns de euros en terreos. 

Terreos onde se ubicaría Porto Cabral, en Vigo
Terreos onde se ubicaría Porto Cabral, en Vigo

Sobre isto explicou que a previsión de ingresos por esas 30 hectáreas de monte é de entre 11 e 13 millóns de euros, dos que o 40 por cento, como é preceptivo, destinarase "a adquirir patrimonio e xerar emprego". Ademais, defendeu a xestión da xunta reitora desde que el a preside, e destacou que, nos últimos anos, o patrimonio de solo forestal comunal creceu en 55 hectáreas, á vez que lembrou que, por lei, a entidade está obrigada a reinvestir no monte o 40 por cento dos seus ingresos.

Pero a pesar do megaproxecto, insistiu que a Comunidade de Montes terá máis superficie que hai 18 anos. "Imos defender o monte por encima de todo. Non corre ningún risco, porque aínda quedarían 25 hectáreas máis de terreo forestal que cando eu cheguei", insistiu. Por iso criticou a vinculación "intencionada" que se fixo dos incendios do 15 de outubro co desenvolvemento de Porto Cabral.

APOIO DE PSOE E PP

Ante a oposición de unha gran parte de comuneiros, de veciños, de entidades sociais, culturais e ecoloxistas de Vigo, e de En Marea e BNG, Luís Rodríguez expresou a súa confianza en que "algún dos partidos maioritarios" na Cámara galega asuma a proposición non de lei de iniciativa popular en favor do macrocentro comercial. "Se non fóra así, significaría que nin PP nin PSOE queren facer nada por Vigo".

Nunha entrevista a Europa Press, Rodríguez lembrou que está a piques de finalizar unha campaña de recollida de firmas, que conta con máis de 60.000 apoios, e lembrou que o proxecto supón un investimento "privado" de 600 millóns de euros para a parroquia e para a cidade, a creación duns 4.000 empregos directos.

Con respecto á manifesta oposición que proclamaron BNG e En Marea ao proxecto, Luís Rodríguez lembrou que o sector de Liñeiriños, onde se instalaría Porto Cabral, foi deseñado e encadrado no Plan Xeral por un goberno municipal nacionalista, polo que ve "incoherente" a posición do BNG. En canto a En Marea, lamentou que non teñan "ningún proxecto de interese" para a cidade olívica e, en todo caso, subliñou que os defensores do proxecto de Intu levan recollidas "máis firmas que votos tiveron Marea e BNG xuntos" na cidade.

PLAN B

O presidente dos comuneiros de Cabral recoñeceu que "non hai un plan B, de momento", no caso de que a iniciativa non prospere na Cámara galega. Se non sae adiante o proxecto, sinalou, "habería que esperar a un novo Plan Xeral, sería lamentable porque seguramente, cando estea listo, os investidores xa non estarán aí".

A ese respecto, lembrou que os promotores de Porto Cabral "levan esperando desde 2013" e, aínda que ratificaron o seu interese por instalarse en Vigo, "ofrecéronlles parcelas noutros sitios próximos". Se a iniciativa non prospera, engadiu, a cidade "perdería unha oportunidade de ouro de ter un investimento forte, como non hai en toda Galicia e como poucas en España".

Imaxe idílica do que sería o proxecto Porto Cabral, de realizarse
Imaxe idílica do que sería o proxecto Porto Cabral, de realizarse
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 xandocan

Penosa a postura da Marea e do BNG, todo o que sexa postos de traballo sempre que non supoñan unha enorme contaminación ou desfeita ten que ser apoiado e defendido, a defesa dos sectores productivos galegos e de inversions de fora debe ser o seu principal obxetivo para que os xovens non teñan que emigrar, a sua postura lembra a cando se opuñan a Autoestrada do Atlantico. Asi como pensan gañanr nunca unas eleccions?

1 Gamela

Nunha cousa sí estou de acordo co Presidente da Comunidade de Montes, ata hoxe nin En Marea nin BNG deron a coñecer proxecto algún para manter ou potenciar o Patrimonio Natural en Cabral (agás chegar a acordos co AeroClub para establecer alugueiros por 50 anos, para que algúns privilexiados sigan xogando ao golf...) ? Outra cousa sería que Vigo fose unha cidade defensora do Monte e do Medio Natural... pero en Vigo chegaremos a ter losetas mesmo no monte do Galiñeiro se ninguén move o cú para mudar as políticas do Caudillo Local !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

1 Gamela

Por se alguén dubida do que digo, aquí deixo a última espantada da Marea de Vigo cando está chegando o inverno e centos de persoas quedarán na rúa outro ano máis... Acampada contra a Pobreza seica levan 260 días agardando que o alcalde os reciba... Pero os señoritos da Marea de Vigo non se dignan sentar no Consello Social ... https://www.noticiasvigo.es/marea-v... O mundo ao revés...!

2 Gamela

Aquí tedes do que falaron no CES de Vigo mentras a Marea de Vigo estaba ausente (de cañas) http://www.atlantico.net/articulo/v... Para non afearlle o acto a Abel Caballero nin siquera comparecen... non vaia a ser que se cabree que os deixe sen soldo ?

3 Vigués

Está ben criticar, si señor....pero que propós ti Gamela?. Porque dá gusto o que botas por esa boquiña túa contra o BNG que é o único que fixo algo en Vigo, pero propostas construtivas, 0. Cal é a túa proposta para Cabral, facer o megaproxecto (acaso tes intereses?), e a túa proposta para a Acampada contra a Pobreza, e a túa proposta para facer de Vigo unha cidade máis social?.

4 Gamela

Se repasas con atención verás que son moi crítico coa Marea de Vigo, pero co BNG malamente xa que nas últimas eleccións quedou fóra do Concello con 5.000 votos ! Respecto da Acampada contra a Pobreza DÁ NOXO ver que ninguén saca o tema diante do Alcalde !!! Cómo é posible que non se houberan presentado 10 mocións (unha por mes) para instar ao Caudillo Local a RECIBIR aos acampados ??? Sobre Porto Cabral habería que mirar con LUPA o tema antes de dicir parvadas! Pero todos sabemos que en Vigo OS SILENCIOS son CÓMPLICES da política da Alcaldía !!! E Marea de Vigo leva moito tempo en Silencio !!!

5 Gamela

Vigués, estas liñas igual ilustran mellor a miña posición respecto da política local... https://www.noticiasvigo.es/opinion... Saúde