Por Galicia Confidencial | | 17/11/2017 | Actualizada ás 10:00
A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, sostivo este xoves que só un entre a decena de petróglifos analizados polos técnicos de cultura sufriu danos por mor dos incendios que arrasaron Galicia o pasado mes de outubro.
“Un conxunto destacable integrado por varias rochas si presenta afectación no gravado e desprendementos na rocha por culpa das altas temperaturas”, dixo sen apuntar de que estación estaba falando.
“Está en observación“, manifestou, mentres sinalou que polo momento foron supervisados por técnicos algo máis dunha decena de xacementos. En concreto, apuntou que estes bens non sufriron danos significativos a pesar de que a súa contorna está “totalmente queimada”.
Afectación no Val Miñor
Con todo, requiriu información de concellos e asociacións para seguir coas comprobacións. Segundo información chegadas á Web Historia de Galicia habería moitos máis petróglifos afectados en Galicia pola vaga de lumes e mesmo amosan fotos. No Val Miñor, Pazos de Borbén, Amoeiro ou Pontecaldelas varios conxuntos resultaron moi danos. Máis en HdG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.