Un deputado do PP a traballadoras obrigadas a desprazarse 50 km: “Seguen indo á mesma igrexa, misa e enterros”

CCOO pide xa a renuncia do deputado popular Carlos López Crespo por “amosarse máis preocupado” por defender o Grupo Calvo que “a unhas traballadoras e a unha localidade como Esteiro”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2017 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

“Seguen indo comprar ao mesmo supermercado e mesmo van á mesma igrexa, á misa ou aos enterros”. Deste xeito despachou o parlamentario do PPdeG Carlos López Crespo o traslado forzoso de varias traballadoras do Grupo Calvo en Esteiro a outra planta que a conserveira ten en Carballo, o que implica moverse máis de 50 quilómetros.

Traballadoras da conserveira Calvo
Traballadoras da conserveira Calvo | Fonte: CIG

Unhas declaracións polas que Comisións Obreiras (CCOO) pediu xa a renuncia deste deputado “por inxuriar o sindicato e faltarlles ao respecto ás traballadoras”. De feito, o secretario xeral da central sindical, Ramón Sarmiento, rexistrou xa no Parlamento un escrito no que pide unha xuntanza co presidente da Cámara autonómica e esixe as desculpas de López Crespo.

Foi este luns, 4 de decembro, cando no marco da discusión dunha inicitiva na Cámara, o parlamentario popular acusou a CCOO de mentir en relación co peche da planta que a conserveira posúe en Esteiro e o traslado do persoal a Carballo. “O deputado tamén lles faltou ao respecto ás traballadoras pois tentou minimizar un traslado forzoso a máis de 50 quilómetros aducindo que as traballadoras seguen indo comprar ao mesmo supermercado ou incluso van á mesma igrexa, á misa ou aos enterros”, indicou o sindicato.

Por iso, considera “indignante” que un “representante do pobo” se amose máis preocupado por defender un grupo empresarial que o ano pasado facturou máis de sesenta millóns de euros que a uns traballadores e a unha localidade “xa moi castigada” como é Esteiro. “Tamén é vergoñento que para defender as súas teses intente inxuriar unha das principais organizacións sociais do país e, peor aínda, que o faga faltándolles ao respecto ás persoas afectadas por unha decisión empresarial”, dixo.

CONFLITO LABORAL EN ESTEIRO

O pasado venres, día 1 de decembro, comezou o período de consultas entre a empresa e a parte social respecto do futuro da planta de Esteiro. Hai convocadas dúas novas xuntanzas, a derradeira delas o vindeiro 14 de decembro. Nese momento rematará o período de consultas e a empresa comunicará a súa decisión final.

CCOO defende que calquera acordo que se produza durante este período de consultas sexa sometido á votación de todo o persoal en asemblea, observación que a empresa rexeitou polo momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Aguantaburros

Este entrecomillado e anonimo e ademais un cobarde que se esconde no anonimato, pareceme que non tendria o que hay que que ter para decirlle a cara tantas tonterias xuntas a ningunha das traballadoras de calvo . Si e autonomo o mais probable e que sea por que ninguha empresao contrata e compadezco os seus empeados si os ten que o dudo . Mellor lle seria que se dedicase a facer o JABALI por ahi antes de publicar comentarios fora de lugar .

5 Anónimo

Ese " tanta leria" fala tonterías, eu como ciudadano do pueblo afectado podo decir que e unha catástrofe para esteiro, xq non solo estamos a falar dos que se van para Carballo, os que estaban a contrato non teñen esa opción e son bastantes. As palabras de Crespo están fora de lugar, e teñen mais delito sendo alcalde do pueblo do lado, o cual tiña bastantes traballando en Calvo que ahora se quedarán sin traballo.

4 Anti...

Iste é coma o deputado do pepé de Madrid que se meteu na política pra arrañarse os c...

3 Rafael

Tanta leria ? Non creo que teaballaras na tua vida...seguramente chegate coa pension de mama e a mosca da aboa Brabucon

1 Tanta leria

Si si, campeón funcionariete, sempre falan os indicados. Autònomo son de toda a vida, farto de manter lapas coma ti e farto de ver como a xente se queixa por todo. Menuda lendia seguro que es, un liberado sindical deses tes pinta. Veña traballar.

2 Yate

Porque protestas contra este señor si luego le votais al pp