Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 12/12/2017
Pero entón chegou o PP e mandou parar!!! Un Partido Popular rancio e botado o monte, fixo traizón á propia transición, polo menos a súa esencia, a que levou a aceptar o café para todos por moitos, a bilateralidade que deseñaba un Estado a longo prazo de transferencias e competencias compartidas. O PP transformouse no Búnker do dogma e dende a súa maioría cargouse a bilateralidade do Estado: recurso contra o Estatut, Lei Montoro de intervención, deixou de convocar os Consellos de ámbito estatal, intervención nas caixas, intervención en Concellos e CCAA... É o PP que máis traizoa a esencia do Estado.
Mentres a derita facía isto o PSOE estaba ensimesmado mirando o reflexo do que foi, e nunca voltará a ser. Pero tamén é participe deste cambio, reforma do 135 da Constitución e reforma laboral, os socialistas non só traizoaron o principio de bilateralidade e descentralización, traizoaron á base traballadora do seu partido, e depós dín que son municipalistas.
Compre recuperar a bilateralidade para avanzar no autogoberno e construir unha Europa dos pobos. Non se pode actuar de parte, nin os cataláns nin os comandantes do macizo central do PP, o dialogo é a esencia do traballo de dúas partes, e hoxe poucos apostan polo dialogo, a aplicación do 155 polo bloque de conformistas: PP, PSOE e C´S é a mostra de que os espírito bilateral da transición está morto.
No 2017 non se pode estar a falar de imposición, intervención, unilateralidade ... tiñamos que estar cambiando a Constitución, que tiña que estar desenvolta por completo, para avanzar na esencia dos pactos do café para todos: a bilateralidade.
Pregúntome eu logo, quen son os que están facendo trampa?