A campaña da represión

O 27-O o Parlament aprobou a declaración da República catalá, mais axiña viuse que a declaración era só simbólico-política. Ninguén fixo nada por implementar na orde práctica esta declaración política. Nese mesmo serán, o Goberno do Estado disolvía a Cámara catalá, convocando eleccións para o 21-D, e cesaba ao Govern.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 10/12/2017

Comparte esta noticia
Eran medidas que sobardaban absolutamente o marco do artigo 155 da Constitución, que permitía intensas medidas de intervención do autogoberno, mais nunca a anulación do autogoberno. Porén, as Institucións catalás asumiron o seu cesamento sen reaccionar con medidas de desobediencia pacífica.
 
Así e todo, o falecido fiscal xeral instaba querela contra dos membros do cesado Govern perante a Audiencia Nacional (AN) por uns inexistentes delictos de rebelión e sedición (non houbo violencia ningunha en ningún intre e este elemento é esencial a estes dous delictos) e a maxistrada Lamela  enviou ao vicepresidente Junqueras e aos conselleiros todos ao cárcere, como fixera días antes cos Jordis. Ao tempo, ditaba unha orde europea de detención contra Puigdemont e os membros do Govern que ficaran canda él na Bélxica.
 
Co tempo, o Tribunal Supremo, que instruía a querela contra da Mesa do Parlament xuntou as dúas investigacións da AN que tiñan por investigados aos membros do  Govern e aos Jordis. E retivo no cárcere aos propios Jordis, ao vicepresidente Junqueras e ao conselleirodo Interior, J. Forn, por considerar que éstes podían reincidir en condutas delitivas violentas. Onde viu o maxistrado Llanera esa violencia nas semanas pasadas? 
 
Mais o verdadeiramente rechamante foi a retirada, polo mesmo maxistrado instrutor do TS, da eurorde de detención a respecto de Puigdemont e dos outros conselleiros transeúntes.
 
Semella que as supostas gravísimas condutas que manteñen Junqueras, Forn e aos Jordis no cárcere non han ser perseguidas, malia todo, fóra do Estado español. Había medo no TS de que os xuices belgas rexeitasen as euroordes? 
 
Catalunya enfronta unhas eleccións ilexítimas  na súa orixe e desenvolvidas até arestora sen as mínimas garantías democráticas, cos principais  candidatos de ERC e  Junts por Catalunya  no càrcere ou no exilio. Hai presos políticos e paira a idea, non cinguida ao ambito catalán, de que os donos do chiringuito, os que moven o tripartito dinástico, racharán as regras de xogo sempre que lles conveña.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.