Así non nos vale Feijóo

Pouco tempo atrás o Presidente de Galicia o Sr. Feijoo nunha entrevista na radio de todos e todas, falaba da AP9 e falaba de que vai ser transferida, estou seguro de que falaba en serio é máis sei que no 2018 ou 2019 vaia ser transferida porque tamén vai ser transferida a autoestrada vasca.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 20/12/2017

Comparte esta noticia
É unha boa nova, é unha acción de recibo para o noso País, para a nosa Terra, pero ollo non vai ser a solución de nada, dada a mediocridade política dos populares galegos. Tende en conta que xa o Presidente do PP, na mesma entrevista,  puxo a vacina antes de tempo (é máis listo que algunha eurodeputada, este sabe do funcionamento das vacinas) falando dunha sorte de flexibilización de peaxes de ida-volta-volta-ida dunha tarifa nocturna ... unha vergoña, ou se é Presidente ou non se é. A Ap-9 e non só esta senón todas a autoestradas galegas teñen que ser como as Asturianas, gratis.
 
É bo ir adiantándose e berrando, ASÍ NON VALE FEIJOO, así non solucionamos nada, no canto de vender xestións miserentas e mediocres explique Presidente, porque os galegos pagamos e outros non, porque as nosas empresas teñen que ser menos competitivas, porque o que tiña que vertebrar o País e unha trampa para a economía, porque o carburante é máis caro en Galicia, porque con menos salarios pagamos nas autoestradas...  a resposta e porque vostedes non pensan en Galicia, non queren ser Galeguistas, queren ser Homes de Estado e mentres soñan coa Monclóa a nosa Terra padece. Lembrade galegos que este Presidente veu con paracaídas.
 
Por unha vez temos que ser capaces de ver a súa torpe  estratexia, non poden vendernos esta xestión coma se fose a chave das noces. Non poden facer unha solución cosmética pensando en votos e no aparello de publicidade, non poden poñer un prezo tan baixo a Galicia. 
 
Señor Feijoo se de verdade é Presidente de Galicia, se de verdade se considera galeguista, se de verdade sinte o noso País, reclame ás competencias precisas, quite os peaxes, reclame as inversións necesarias para que a xente de Galicia vivamos o mellor posible, para unhas mellores e máis competitivas empresas, para atraer inversión, para xerar emprego, de momento non o está a facer. Con humildade: ASÍ NON NOS VALE FEIJOO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA