Por Galicia Confidencial | O Pindo | 21/12/2017 | Actualizada ás 09:35
O pobo do Pindo, no concello de Carnota, e todos os cidadáns que o desexen están chamados este 23 de decembro a unha manifestación para protestar pola situación de contaminación que padece unha das súas praias, a de San Pedro, onde desemboca o río Xallas, famoso pola fervenza do Ézaro, unha das máis fermosas de Europa.
Esta contaminación está provocada por verteduras domésticas e fecais sen depurar. Unha situación á que se engaden os problemas de cheiros insoportables. Dase a circunstancia de que este lugar xa ten avanzada boa parte da súa rede de saneamento, mais por problemas administrativos a entrega, non dá rematado.
A reivindicación partirá ás 17:00 horas da praza da Solaina e conta co apoio do Monte Pindo Parque Natural. Pedirase á Xunta e a Augas de Galicia que aceleren as xestións para a posta en funcionamento da conexión á EDAR municipal que acabe definitivamente con estes problemas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.