Eu son un xenio!!!

Se en Galicia elexiramos a un presidente semellante ó actual dos Estados Unidos, seguro que en todos os medios públicos, especialmente os estatais, estarían falando de que os galegos somos dunha maneira determinada; de que temos uns atavismos e taras sen superar; de que somos un lugar atrasado que vive na inopia; que somos conservadores e medios parvos ou de que non distinguimos o cú das témporas. O caso e que no estado que se di modelo e que pensa que o mundo xira o seu redor, elexiron, segundo as súas propias verbas a un xenio. Un crak que lle contou unha milonga ós americanos e que moitos milleiros deles creron e, polo tanto, votárono.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/01/2018

Comparte esta noticia
E isto lévame a pensar que, cando hai unha campaña electoral, ademais de cartos e axudas dos medios de información, hai que contar moitas mentiras e medias verdades para chegar ó poder. E  sobor de todo, facer promesas, moitas promesas. Pois a gran maioría dos votantes somente se encandila con promesas que logo non serán realidade, pois están sometidas a moitos condicionantes. E para exemplo temos o goberno de Rajoy que dí unha cousa e fai outra distinta.   No teatro electoral non teñen cabida as racionalidades, dado que  os cidadáns, maiormente,  actúan máis movidos polos  sentimentos que coa mesura do razonamento frío e sosegado.
 
Donald Trump chegou a Casa Branca dicindolle ós americanos o que moitos querían oir: “Amerrica, Amerrica é a dona do mundo e manda; eu farei grande a Amerrica” e no medio desa borracheira electoral os americanos puxeron no poder a un persoeiro excéntrico, ególatra, narcisista, que non escoita nin le e,  sobre todo, é cretino. Un persoeiro de mirada altiva que di cantidade de parvadas, que fala das mulleres e trátaas como obxectos;   que o que di  moitas veces da que pensar, dado que  parece que temos diante a un persoeiro caprichoso. “O meu botón e máis grande co teu” dixolle  o presidente  Coreano que   traducido á linguaxe da rúa ven ser: “eu a téñoa máis grande cá túa”.  Dous tolos falando nun idioma bélico. Dous tolos faroleando  e xogando co futuro da humanidade.
 
Pero, de todo isto, xurden varias preguntas: a primeira é que a xente queda engaiolada polas verbas dun  predicador de ilusións; un vendedor de paradisos fantásticos. E por iso as persoas normais que razoan nunca poderán chegar ó poder, pois non erguen paixóns, nin fan promesas que saben que logo non poden cumplir.
 
A segunda é que os electores, a gran masa, é manipulable ben porque se sinte a gusto escoitando o que quere, ou porque traga, tragamos, informacións sesgadas,  medias verdades e mentiras que nos inducen cara unha ou outra opción e simpatía por un ou por predicador.
O certo é que maiormente o voto reflexivo ten poucas oportunidades de chegar ó poder. Exemplos hai a moreas, incluso moi perto de nós, onde o voto do cabreo, axuda ó desgoberno que temos hoxe na cidade. 
 
O Sr. Trump síntese un xenio. E como tal actúa. E pensa que é o rei do mundo mundial. A democracia que é o seistema menos malo, tamén comete erros. E ás veces coloca no poder a cretinos e idiotas.  Esperemos que os nosos gobernantes non lles entre no corpo tal paranoia e traballen polo pais con racionalidade pondo por riba dos intereses particulares e de grupo os do pais e os da xente.
 
Pois para egocéntricos caprichosos xa temos ó presidente americano e a outros tolos que gobernan no mundo.
 
Mentres tanto, teremos que aturar as manías e decisións dun persoeiro arrogante, caprichoso que pasará  a historia por iso. Por crerse un xenio.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com