Feijóo sobre o lindano do Porriño: “Iso foi cousa doutra administración”

O presidente galego asegura que a Xunta actuou cando o Concello do Porriño lle pediu axuda. A plataforma Anti-lindano da Louriña acusa as dúas administracións de ocultar información.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Plataforma Anti-lindano da Louriña acusou á Xunta e ao Concello do Porriño de tentar agochar o problema do lindano detectado na parroquia de Torneiros, malia ter informes que demostran a contaminación por esta substancia canceríxena procedente das verteduras da empresa Zeltia no pasado século. De feito, este colectivo ultima a denuncia sobre novas zonas afectadas no veciño Mos.

Zonas do Porriño onde se detectou lindano
Zonas do Porriño onde se detectou lindano | Fonte: xunta.gal

“Non teño información de que haxa ocultación de datos, e non pode haber ocultación cando estamos traballando para detectar un lindano nunhas obras que fixo unha administración diferente á Xunta”, respondeu este xoves o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por GC sobre esta cuestión. A Plataforma asegura que a Valedora do Pobo venlles de comunicar que tanto Goberno local como Consellería de Medio Ambiente négalles os informes solicitados sobre o lindano.

E iso que a actual Xunta sabe do problema dende hai tempo. De feito, un informe elaborado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil con múltiples sondeos na zona acredita a alta contaminación por lindano dos solos. A contaminación chega ao río Louro, e incluso ao Miño.

Con todo, Feijóo insistu na transparencia do seu goberno e insistiu en que o problema do lindano do Porriño non é un problema da Xunta, senón do concello. “A nós chamousenos desde o Concello do Porriño para como poder axudar e actuar nunhas infraestrutras que nada tiñan que ver coa Xunta de Galicia”, repetiu. En todo caso, o presidente galego dixo que o seu goberno vai seguir traballando “e dando toda a información” que se lle requira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti...

Iso é culpa dos reis católicos, do bipartito e de Zapatero. O pepe pasaba por ali.