Patrimonio, ese detalle

Son os pequenos detalles os que demostran as capacidades de empatía das persoas, a forma de coidar o teu e ós teus, amosa no fondo a túa capacidade humana. Está é unha máxima tamén no mundo empresarial e, como non, no xeito de xestionar dende a política.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 16/01/2018

Comparte esta noticia
A forma na que o PP coida os detalles no eido do patrimonio deste País, é un feito singular que demostra o sentimento deste goberno da Xunta cara o que nos diferenza como pobo e nos da singularidade: as raíces, a orixe. A xunta directamente, pasa do Patrimonio, bordeando a incompetencia. Actuando en moitas ocasións dunha forma que  supón unha clara deixadez de funcións.
 
Galicia é unha terra rica en Patrimonio de todos os tempos, é unha cultura con fondas e fortes raíces. Un Patrimonio que con xeito debe ser transformado nun motor económico. Mais  hoxe non o é pola falta de visión e de traballo serio e rigoroso dos nosos xestores.
 
Basta unha ollada na rede e na prensa para ver aberracións: castros plantados de eucalipto, dolmens desmontados, círculos líticos soterrados por estradas, camposantos antigos cunha pista forestal polo medio, BIC´s en estado de ruína, construtoras que cobran unha indemnización por arrasar un poboado castrexo e medieval, obxectos históricos en caixóns, a muralla de Lugo coas luces de Nadal "atornilladas" e como cumio dos depropósitos  as figuras do Pórtico da Gloria para goce da familia Franco. Mentres isto ocorre o Presidente de Galicia mira cara outro lado. Este é o detalle, non lle importa a singularidade de Galicia.
 
En calquera lugar do mundo a nosa riqueza patrimonial sería un piar da economía, o descuberto e o que está por descubrir, o que se olla e o que non. En Irlanda ou Inglaterra,  por exemplo, potenciarían este sector atraendo xente de todo o mundo e xerando actividade alí onde fose preciso. Con sentidiño e preservando o que temos está podería ser unha ferramenta para fomentar un emprego de calidade e un turismo tamén calidade e sobor de todo desestacionalizado.
 
Calquera persoa que sinta os seus orixes, estaría fachendoso de ensinar estes tesouros que xunto o patrimonio inmaterial terían que ser un polo de atracción. Compre poñer en valor está realidade, compre coidar o noso e potenciar o que nos da os sinais de pobo, compre resaltar o potencial do Finisterrae que atraía asentamentos e culturas. En definitiva o que foi facendo e construíndo Galicia e aos galegos.
 
Non están os tempos para desbotar tan facilmente unha vantaxe competitiva que poucos países e rexións teñen. Pode facilmente ter un peso moi forte e importante no noso PIB, 
O caso é querer. 
O caso é sentir. 
O caso é coidar o detalle.    
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA