As ondas superaron os 10 metros nas proximidades a Langosteira, chegando a alcanzar os 19 metros de altura

O temporal marítimo que azouta o litoral galego na xornada deste mércores deixou unha ondada que superou os 10 metros de altura, especialmente nas zonas con alerta de nivel vermello.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2018 | Actualizada ás 20:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O temporal marítimo que azouta o litoral galego na xornada deste mércores deixou unha ondada que superou os 10 metros de altura, especialmente nas zonas con alerta de nivel vermello.

Temporal
Temporal | Fonte: Europa Press

Estes datos rexistráronse ás 17.00 horas, no tramo horario de maior incidencia meteorolóxica, a través das medicións realizadas polas boias dependentes de Portos do Estado.

Os valores máis destacados déronse na boia Langosteira II, onde algunha onda chegou a alcanzar os 19,23 metros de altura cunha media que superou os 10 metros.

Noutras zonas, como a boia de Vilán-Sisargas, a ondada deixou rexistros próximos aos 10 metros, cunha altura significativa de 9,61.

No sur de Galicia, déronse valores próximos ao oito metros. A boia de cabo Sillero rexistrou ondas de 7,73 metros de altura.

A situación meteorolóxica que afecta á comunidade galega está provocada por unha borrasca moi profunda situada entre Groenlandia e Islandia, xerando moito vento no Atlántico norte.

A partir de agora, as condicións empezarán a normalizarse aos poucos, aínda que este xoves manterase a situación de alerta de nivel laranxa por forte ondada en todo o litoral galego.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta