E ti, de quen ves sendo?

Lembro moi ben cando paseaba por Lieiro e me atopaba con calquera persoa maior e sempre, sempre preguntaban: e Ti, de quen ves sendo? Podían preguntalo ata 5 veces no mesmo día. Non amolaba, incluso era normalmente o inicio dun interrogatorio con moitas voltas.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 29/01/2018

Comparte esta noticia
Como gustamos de saber!! É moi da nosa Terra.
 
No panorama político, sobre todo da esquerda esta é tamén unha pregunta sistemática, aínda que máis sofisticada: És Susanista, sanchista, de Vals, de Corbyn, Felipista, Guerrista, Upegaio, Errejonista .... coido que responde á necesidade de pertencer a algo dentro de algo. Non é nada grave é a natureza humana. O problema ben cando un non pode ou non quere ter as súas propias conclusións e os pensamentos do referente aprópianse da túa propia postura política. Esta eiva e un freo na acción política de calquera lugar e Galicia non é allea a esta situación. Moitas veces postulados de outras persoas, incluso  de outros séculos frean un posible avance e consenso na política. Non resulta intelixente é unha mochila moi pesada.
 
A socialdemocracia é moi característica por ter líderes fortes e con moito carisma que interpretaron a súa realidade nun momento concreto da historia. Imos saltar os  anos do inicio e situarnos na socialdemocracia europea que tivo capacidade transformadora. Dúas figuras referentes, Willy Brant e Olof Palme deron resposta ás necesidades do seu momento dende a súa interpretación da socialdemocracia, que distaba moito por exemplo da terceira vía de Tony Blair. Neste momento cabe a pregunta e Ti de quen vés sendo? A resposta no meu caso téñoa clara:
 
Aquelo que é medible non é cuestionable, son socialdemócrata convencido pero non de ningunha etiqueta senón dunha socialdemocracia transformadora que busque xustiza social e que reforza os valores dos indicadores da calidade de vida, perfectamente medibles, no meu caso concreto  do galegos e galegas. En definitiva unha acción política que faga de Galicia o mellor lugar para vivir.
 
Cada momento require unha resposta nova, cada momento é distinto, cada realidade e  cada avance social fai necesario un novo chanzo na construción dunha sociedade máis xusta. Sempre é bo ter referentes, non o nego,  pero sendo realistas as ideas cambian, transfórmanse e mudan de obxectivo. 
 
É certo que perdura a esencia, pero transformar as persoas en ídolos e ás súas ideas en dogmas, non constitúe mais que  un valado para non percibir que en  realidade é un freo no avance. O mundo cambia e as respostas son distintas.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA