UPyD critica á TVG por dicir que o castelán “imponse” sobre o galego

Alude a unha campaña da Mesa e da AGAL na que se pide que se volvan utilizar os nomes tradicionais dos días da semana.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 31/01/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Unión Progreso e Democracia en Galicia (UpyD), unha formación cuxos apoios electorais foron practicamente absorvidos por Ciudadanos, volve á actualidade política cun duro comunicado no que critica a “manipulación” que, segundo esta formación,  practica a TVG “ao facer ver que o castelán é unha lingua de imposición fronte ao galego”.

Campaña da AGAL e da Mesa aprol da recuperación dos nomes tradicionais dos días da semana
Campaña da AGAL e da Mesa aprol da recuperación dos nomes tradicionais dos días da semana

Esta formación denuncia que se lle dea difusión a unha campaña que realizan conxuntamente a Mesa pola Normalización Lingüística e a AGAL cun “enfoque parcial e politicamente manipulado”, di, que pretende mostrar á lingua castelá e os seus falantes “como impositores das denominacións dos días da semana actuais fronte aos de corte portuguesa, utilizados a finais do século XIX”. 

“Mediante vídeos publicados nas redes sociais da CRTVG e coa imaxe corporativa da Televisión Galicia nos mesmos, a campaña enfócase aos máis pequenos e aos medios de comunicación, chegando a solicitar que estes empreguen a nomenclatura decimonónica fronte á actual”, denuncia. “Cremos que non é apropiado que a nosa televisión pública faga proselitismo dos postulados nacionalistas e dea apoio a afirmacións que buscan crear unha imaxe negativa da lingua castelá fronte á galega”, afirma.

Así, nun comunicado esta formación tenta facer ver que as súas críticas “non se trantan dunha loita de linguas, nin de falantes”, senón dunha “imposición”. “En UPYD defendemos, ante todo, a liberdade lingüística fronte á imposición, por iso non cremos que o camiño para defender a tradición da nosa lingua galega pase por dar unha imaxe impositiva do castelán e moito menos que o faga a nosa televisión pública, pagada co diñeiro de todos os galegos”, sinala. 

“Esta campaña é un paso máis dos nacionalistas cara á confrontación e a división entre galegos de primeira e de segunda”, engade. Por iso, solicita que cese a difusión desta campaña por parte da CRTVG mentres siga defendendo unha “visión impositiva” e que non se empreguen medios públicos na súa realización. Así mesmo, pide tamén a retirada das redes sociais da corporación e da súa páxina web de todo contido sobre esta campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Cubismo

Upd partido fundado por una fascista disfrazada de socilalista ademas de gallegofoba asi que ni pu to ca so

1 Breogán

Esas siglas son dunha marca do leite ou está relacionado ca ufóloxia, que hai pisibilidade de que existan mais moi nulas probabilidade.