A Valedora inicia actuacións ante o Concello de Ponteareas e a Xunta polos aterramentos de lindano

A organización ecoloxista ADENCO pide que se aclare se pode haber restos desta substancia cancérixena noutras zonas do concello.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 03/02/2018 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A Valedora do Pobo ten iniciado esta semana actuacións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente polos aterramentos de lindano, substancia canceríxena, detectada no concello. En concreto ten requerido ás dúas administracións que nun prazo de 15 días faciliten a información sobre os puntos con terras contaminadas neste concello solicitada pola asociación ecoloxista ADENCO.

Refugallos de lindano nas estradas de Torneiros, no Porriño.
Refugallos de lindano nas estradas de Torneiros, no Porriño. | Fonte: Plataforma Anti-Lindano

Esta actuacións da Valedora prodúcense despois da confirmación da existencia de aterramentos con terras contaminadas por lindano na parroquia de Xinzo, aínda que o Concello de Ponteareas xa avanzou que non había ningún tipo de perigo para os veciños

“Certamente, a falta de información das administracións públicas está dando lugar a inquedanza veciñal”, apuntan desde ADENCO que consideran necesario aclarar a magnitude dos verquidos e as informacións existentes nos medios sobre outros posibles aterramentos con lindano noutras parroquias do Concello. 

“Tamén se considera preciso, perante as posibles responsabilidades que puidesen existir, coñecer se existiu algún permiso ou control nos aterramentos con lindano e cales foron as persoas e entidades implicadas nos mesmos”, apunta nun comunicado. Así, suliña que, se hai indicios, “resulta preciso a descontaminación efectiva das áreas afectadas e a realización de actuacións que garantan a salubridade da poboación local”.

Esta mesma semana, a Plataforma Anti-Lindano da Louriña denunciaba que non se iniciou ningún estudo para analizar a presenza de lindano en dúas parroquias de Mos, a pesar do anuncio da súa alcaldesa, a popular Nidia Arévalo, que dixo que unha empresa estaba traballando desde decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta