Temas: TOURADA TOURO

Piden que os menores de 18 anos non participen en espectáculos taurinos de Galicia

Galicia, Mellor Sen Touradas insta ao goberno galego a adoptar as recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno da ONU que pide expresamente que os menores non participen en touradas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A ONU, a través do seu Comité dos Dereitos do Neno, ven de instar ao goberno español a alonxar ás persoas menores de idade da tauromaquia, co obxetivo de previr efectos perxudiciais na infancia e na adolescencia, que segue a liña doutros dictames deste organismo internacional independente.

Cadea humana contra as touradas en Pontevedra
Cadea humana contra as touradas en Pontevedra

Por iso, e tras coñecer a publicación das observacións do Comité, a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas instou á Xunta de Galicia a adoptar as recomendacións dos expertos, que plantexan prohibir a participación de menores de 18 como "toureiros" ou como espectadores, e que obrigaría a realizar unha modificación da recente Lei de Espectáculos Públicos, que tan só establece o veto de acceso a "recintos pechados" ata os 12 anos de idade.

Neste senso os abolicionistas sinalan que na delegación que enviou España a esta sesión do organismo especializado das Nacións Unidas, estaban representantes do executivo galego como o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a Directora Xeral de Familia e Infancia (Mª Amparo González Méndez) e o xefe de gabinete do propio conselleiro (Manuel Tomás Prada Gómez), “polo que puideron tomar boa nota”.

Nun comunicado, Galicia, Mellor Sen Touradas advirte que é necesario tomar medidas lexislativas “de maneira inmediata” para adaptar o marco normativo galego ás recentes recomendacións da ONU en materia de protección da infancia e da adolescencia. Estas iniciativas pasan polo rexistro dun proxecto de modificación da Lei sobre espectáculos e actividades recreativas para incluír o veto ás persoas menores de idade en calquera tipo de eventos tauromáquicos.

Temas: TOURADA TOURO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 nostrus

Los aquelarres espiritisatas del bloque y de Marea no esta prohibido que vayan los menores de dieciocho años

1 fueranostrus

primero aprende a escribir, paduano

1 Arturo

! Coma se en Galicia houbese moitas corridas de touros ! Por favor, esas cousas , por fortuna, prácticamente non existen en Galicia. ¿ Cantas corridas de touros hai ano en Galicia ? ¿ Canta xente vai a esas cousas ?