Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/02/2018 | Actualizada ás 08:43
Luis Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso (A Coruña), e moi coñecido polas súas críticas contra as inxustizas e os políticos corruptos, volveu este martes a sorprender aos seus fieis ao pedir a expulsión do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, da Igrexa Católica.
“O presidente Rajoy deu miles de millóns aos bancos e estes agora xa recuperados non os devolven e ademais perdóaselles a débeda”, asegura Rodríguez Patiño ao considerar que na ortodoxia católica isto é “un pecado moi grave”.
De feito, lembra que o Cardeal Juan José Omella xa dixo que era “pecado” que os bancos non devolvan o diñeiro que a sociedade lles prestou durante a crise. "Creedes que é normal que se axudase aos bancos para saír desta crise e agora produzan beneficios sen dar nada á sociedade? Iso é pecado, porque os bens han de ser para a sociedade, non para nós", dixo o cardeal de Barcelona que criticou que a banca non devolva á sociedade o prestado tras o rescate.
Unhas afirmacións que Luis Rodríguez Patiño fai súas. Por iso, considera que Rajoy debería ser “expulsado” da Igrexa por ter “atentado” contra o dereito da vida de moitas familias que non teñen o necesario para vivir. E tamén o critica por “producir mortes” polos “recortes sanitarios”. “Por tod isto débeselle impedir a entrada aos templos católicos”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.