Campaña de sinaturas para salvar o Centro Galego de Bos Aires

Diferentes persoeiros da vida social, cultural e política de Galicia asinan a favor da permanencia do Centro Galego na capital Arxentina. A recollida de apoios busca chamar a atención das autoridades para poder continuar coas súas actividades.

Por Moncho Mariño | Ferrol | 25/02/2018 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

As sinaturas a favor da continuidade do Centro Galego de Bos Aires poden aplicarse na ligazón que se abriu en Change.org.  Esta iniciativa parte dun grupo de persoas preocupadas polo estado do edificio, así como do patrimonio que recolle dentro das súas paredes. O número de persoas que levan asinado ata o momento son 4.000 pero aínda quedan por recoller 1000 máis para poder facer efectiva a petición que se presentará aos gobernos galego, arxentino e español.

Imaxe do Centro Galego de Bos Aires
Imaxe do Centro Galego de Bos Aires

Galicia Confidencial falou con Francisco López "Chesqui", un dos coordinadores coas diferentes colectividades galegas en Arxentina e tamén un dos promotores desta iniciativa en Galicia. "Entre os primeiro asinantes están o presidente da Real Academia Galega, o presidente do Consello da Cultura ou as tres universidades galegas". Tamén se uniron as tres principais forzas sindicais de Galicia, CIG, UGT e CC.OO por medio dos seus secretarios xerais.

NECESIDADE DE MOBILIZAR

Francisco López, tamén secretario xeral do Partido Galeguista, considerou necesario mobilizar a todo tipo de persoas porque "dada a miña formación educacional e humana, logo de 36 anos militando neste partido e ter vivido e soterrado a moitos históricos do galeguismo, nunha visita a Bos Aires atopei esta situación que non era nova" pero casualmente "durante esa visita foi cando se convocou a primeira reunión sobre se vender ou non o edificio".

O acontecido en Arxentina levou a López a facer os primeiros contactos tanto no país austral como en Galicia. "A partir de aí os acontecementos fóronnos movendo cara onde chegamos hoxe". Ese hoxe son as circunstancias que envolven o Centro Galego. "Teñamos en conta que este centro tivo 120 mil mutualistas e hospital, pero a xente foi morrendo e non se captaron novos socios e socias" pero "desde o ano 2011 esta situación agudizouse por unha mala xestión, co que ademais de perder socios non se lle deu unha solución desde o primeiro momento".

Outro punto tamén mencionado por Francisco López foi que durante unha das direccións do centro "mudouse xente cara outra mutualidade, cousa que haberá que investigar no seu momento, por tanto non é casualidade chegar a esta situación". De aí que lle fagan a petición á Xunta de Galicia e ao goberno español, para salvar o Centro Galego de Bos Aires.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 teutonio

Porque hai tanta xente desequilibrada escribindo comentarios aquí?

1 Natasha Rostova delasRestrevas

Por quen o dis? E un desequilibrio pedir que as esquerdas se fagan eco dos problemas reais dos galegos e non de tendencias cool? Grazas, que me chames desequilibrada ti é un afago. E sabes por que? Porque indica que non tes un só argumento para defenderte. Por certo, a ver cando pedides que nos devolvan este porque a miña familia deixou moitas horas da súa suor nel: https://gl.wikipedia.org/wiki/Centr...

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Deste nunca e acorda ninguén? Eu si. Teño familia na illa e en Miami e penso por min mesma. Por outra banda, cal é o meu segundo desequilibrio? Afirmar que hai galegos especializados en potenciar os tópicos sobre nós? E que só entra a droga por Galicia e non por outras zonas do estado? Por que non se fan series nin se escriben libros sobre este tema relacionados con outras partes do estado?

3 Natasha Rostova desequilibrada

Pero non, ti seguramente serás un bo galeguiño dos que non se fará preguntas. Ah, e o clásico sobre esta cuestión segue a ser o do grande, grandísimo periodista Perfecto Conde. Para cando unha homenaxe? Non, un galego coma ti prefire que unha serie ou un libro fale sobre Galicia-Sicilia a que se lembre o traballo diario da xente que honradamente nos gañamos a vida. Nunca pensades no dano que series e libros que reinciden unha e outra vez nun tema, sen aportar nada novo máis que algún recorte xornalístico, ao clásico de Perfecto Conde lle fan á xente boa que vive en Galica e que mañá madrugará ás seis para traballar. E que ti non madrugas, Teutonio? E unha pregunta retórica, caro Teutonio. Ti estas 24 horas traballando. Eu tamén te quero, caro.

4 Natasha Rostova delasRestrevas

Eu neste caso non vos canto a vós, nin vos cantarei. Dáme un pouco de mágoa que non se escriba máis sobre os salarios de miseria, o duro traballo dos mariñeiros e das mariscadoras, as pensións tan baixas que obrigan a moitos maiores a seguir traballando, os cientificos que tratan de facer o seu traballo moitos deles na emigración... Porque esa é a miña Galicia, a Galicia na que eu me criei. E nunca me convertiredes nunha galega de tópico para obter votos para os vosos compis madrileños. E que non tedes vergonza??? E unha pregunta retórica. En fin, a agardar a enésima caricatura de Galicia con galegos contribuíndo a caricaturizala e falando en castelán con ese acento "tan riquiño".

3 Natasha Rostova delasRestrevas

En fin, eu leo a Camilleri e pódome rir co seu humor e a súa ironía con respecto aos tópicos dos italianos do norte sobre os sicilianos. Aquí ata os escritores da progresía galegos contribúen a difundir os tópicos típicos sobre nós. Non, a min non me representades nin me representaredes. Que eu a moita honra coma Rosalía podo dicir: "Daquelas que cantan as pombas i as frores todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ...............¡Ai!, ¿de que a terei?"

2 Natasha Rostova delasRestrevas

E se non, se as cousas van mal para chachiguyaprogrelandia e a algún ou algunha lle dá por pensar... Pois xa sabedes, outra polémica gratuita coa Igrexa e xa está. Xa os compis madrileños se dedican a falar do noso atraso e encima se coincide co dun libro sobre narcos pois xa vedes: o tópico típico conseguido. Xa quedamos os galegos de tópico que vós axudades a crear. A verdade, entre uns e outros cada día contribuídes máis a consolidar esa idea de Galicia-Sicilia.

1 Natasha Rostova delasRestrevas

Un día destes facemos outra campaña de sinaturas para salvar a Galicia da precarización laboral por exemplo. Que tal? Ah, non, que en chachiguayprogrelandia este e a folga de mulleres (que apoia Baltar) son os temas do mes. Coma se van preocupar polos que teñen contratos de poucas horas e mal pagados ou pola falta de medidas de concialición? Por favor, que pouco cool son. Que viva chachiguayprogrelandia y nuestro líder Pablo y sus lugartenientes galaicos. Que viva nuestro máximo ex-líder máximo Beiras. Ánimos, estádelo logrando: xa tedes a gran parte do bloque e da CIG en chachiguayprogrelandia... Parabéns.