Temas: BLUSENS

Detido o fundador de Blusens por un suposto delito contra a propiedade industrial

José Ramón García estaba á fronte desde 2014 da compañía Visualiza Business, tras os problemas xudiciais de Blusens.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2018 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

O fundador da empresa galega de electrónica Blusens, José Ramón García, foi detido por axentes da Policía Nacional en relación a un suposto delito contra a propiedade industrial, segundo as fontes consultadas por Europa Press.

José Ramón García
José Ramón García | Fonte: Europa Press

A causa, declarada secreta, lévaa o xulgado de instrución número tres de Santiago, cuxo titular é o xuíz Andrés Lago Louro, e nela citáronse a declarar a tres persoas, incluído o propio García.

Precisamente, desde o mércores deixaron de funcionar os receptores Webtv de Blusens, que permitían a posibilidade de descargar aplicacións coas que poder conectarse a ligazóns piratas de webs con películas, series e deportes, entre outros contidos.

No pasado outras causas afectaron a esta empresa, en 2012 o xulgado do mercantil número 1 da Coruña condenou a Blusens a cesar na elaboración e distribución do seu catálogo por entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés.

Logo da quebra de Blusens, José Ramón García está á fronte desde 2014 da compañía Visualiza Business, que conta con investimentos en diferentes sectores.

Temas: BLUSENS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta