Samuel Prada, alias Baran Galicia, emblema nas manifestacións contra Turquía en media Europa

Berlín, Zúrich, Helsinki, Róterdam, París, Nova York, Bilbao ou Turín acolleron protestas contra o Goberno turco, que segue sen respectar a tregua aprobada pola ONU. Mentres, Erdogan utiliza a nenos con uniforme militar en actos electorais. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/03/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Varias cidades de Europa celebraron esta fin de semana manifestacións en contra da intervención turca no cantón de Afrin, en Siria, que provocou xa centos de mortes de civiles. Berlín, Zúrich, Helsinki, Róterdam, París, Nova Yorl, Bilbao ou Turín foron algunhas das cidades que acolleron protestas contra o goberno de Erdogan.

A foto de Samuel Prada León, Baran Galicia, e do bretón Kendal Breizh, nunha manifestación en Zurich contra a gurra de Turquia en Afrin, Siria
A foto de Samuel Prada León, Baran Galicia, e do bretón Kendal Breizh, nunha manifestación en Zurich contra a gurra de Turquia en Afrin, Siria

Unha das máis masivas foi a de Róterdam, en Holanda. E, nalgunha destas protestas puideron verse fotos dos xa considerados “mártires” nesta guerra, entre elas, a do galego Samuel Prada León, alias Baran Galicia, asasinado nun bombardeo turco o pasado 10 de febreiro mentres combatía co seu amigo bretón, Kendal Breizh, nunha unidade de milicianos estranxeiros enrolados nas YPG.

Turquía lanzou hai máis dun mes a operación “Ramo de oliveira” coa intención de espulsar á poboación curda do cantón de Afrin, ao considerar que as YPG son un grupo terrorista aliado das PKK. Contou co beneplácito de Rusia e os EE.UU. Non así do Goberno sirio que nas últimas semanas enviou á zona algúns contixentes que están loitando á carón dos curdos. 

De feito, nos últimos días, preto dun cento de soldados sirios terían perdido a vida por mor dos bombardeos do exército turco que, a pesar da resolución aprobada pola ONU, continúa a súa operación sen ningún tipo de tregua. Nin os países europeos, nin os EE.UU. criticaron contundemente a violación continuada do dereito internacional por parte de Turquia, como si están facendo co Goberno sirio que combate a terroristras islamitas en Gouta Oriental.

Esta é unha das protestas que tivo lugar en Alemaña:

E neste acto electoral, Erdogan utiliza a unha nena vestida con uniforme militar para defender os actos militares en Siria:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta