As políticas da nova dirección do BNG abren fendas dentro da UPG

A polémica impulsada por La Voz de Galicia a fin de semana puxo en evidencia as diferencias que existen dentro da Unión do Pobo Galego. “Non se trata de guerra entre novos e vellos, senón de praxe política”, suliñan fontes consultadas. Estes días tamén se daban de baixa algúns dirixentes da UMG –a organización xuvenil da UPG--, precisamente, por diferencias coa actual dirección.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

“Que La Voz saque información das cuestións internas da UPG chama a atención e que as saque nun momento como o actual, aínda máis”. É o comentario dun histórico militante desa formación que confirma a existencia de fendas dentro da Unión do Pobo Galego (UPG), a organización que domina o actual BNG. De feito, e segundo difentes fontes consultadas por GC, as políticas que está exercendo a nova dirección do BNG, nutrida en boa parte dos cadros máis novos da UPG, son os que están detrás destas diferencias.

Irma Figueroa Torres, líder de Erguer
Irma Figueroa Torres, líder de Erguer | Fonte: terraetempo.gal

Non son poucas as veces que militantes nacionalistas cargan contra medios que publican informacións críticas co BNG, como é o caso do Galicia Confidencial –cualificandoo de “españoleiro” ou “vendido" ao PP, PSOE ou aos "mareados"--, pero o acontecido esta fin de semana con La Voz -- cuxa liña editorial aposta claramente pola nova dirección-- fai albiscar as diferencias e as fendas abertas dentro da UPG e que, están afectando, ao propio Bloque.

Fontes da UPG consultadas por este medio cren que a dirección da formación nacionalista fomentou, dalgún xeito, a publicación desas informacións. “Non é baladí que quen asine esa opinión teña moi boa relación coa actual voceira nacional e algúns dos e das deputadas no Parlamento galego”, indican. “Querían mandar un recadiño pero igual o recadiño foiselles da man”, sinalan.

DIFERENCIAS DE “PRAXE” POLÍTICA

E o certo é que, segundo estas fontes, a “crise xeracional” da que fala La Voz non é tal, senón que as diferencias son de “praxe política” e, mesmo de “deriva ideolóxica”. “E non ten que ver con vellos ou novos, senón como se están levando as cousas dentro do Bloque por xente que saíu dos cadros da propia UPG”, din. Unhas diferencias que se acentuaron coas políticas de certas institucións que cogobernan, nomeadamente, as deputacións provinciais xunto co PSdeG.

Membros do Comité Central da UPG elixidos na última asemblea do 2016
Membros do Comité Central da UPG elixidos na última asemblea do 2016 | Fonte: UPG

É curioso que se fale de vellos e de novos, cando son os novos os que actúan con comportamentos de vellos”, ironiza outra fonte consultada que ata fai pouco militaba dentro da UPG. “Antes o inimigo estaba dentro e sempre se podía demonizar a alguén, pero agora dentro só estamos nós”, di en alusión as divisións internas que viviu o BNG nos últimos anos.  “Por iso doen aínda máis comportamentos de certa xente”, di.

MARCHA DE XENTE NOVA

Hai uns días, unha das grandes promesas políticas da UPG anunciaba que se daba de baixa desta formación. Iria Figueroa Torres, membro do Secretariado Nacional da UMG –as mocidades deste partido-- e responsable de organización de 'Erguer. Estudantes da Galiza' anunciaba a través de FB, cun longo escrito, que ela e outros militantes deixaban a UMG e a UPG. 

A marcha desta estudante de Xornalismo non é unha marcha calquera. Era unha das grandes promesas desta formación e unha das súas grandes líderes estudantís. E, porque marchou Iria Figueroa?. Entre as razóns que apuntaba no seu escrito estaban, dicía, a imposibilidade de dar debates dentro da organización, a toma de decisións verticais ou as críticas ou “sinalamentos co dedo” se alguén da UPG tiña parella ou relacións persoais “con persoas que militan noutras organizacións políticas”.

“E estas decisións non son da vella dirección... Da dirección de Paco Rodríguez ou de Pilar García Negro, senón da nova dirección, deses que La Voz chama novos”, apunta a fonte consultada. De feito, asegura que, decidiron “ir contra Pilar” a través deste medio, precisamente, por “discrepar públicamente”. “Hai medios nos que se pode dar este debate pero preferiron ir a La Voz”, puntualiza.

Refírese ao xornal Sermos Galiza, onde saíu orixinalmente o artigo de Pilar García Negro que criticaba o uso da palabra “cona” na campaña do 8 de marzo. “Pero curiosamente, no Sermos, que sabían que ía dar que falar isto entre a militancia, pois pediron outro artigo a Noa Presas defendendo a postura oficial, a da campaña da “cona”, do que...Oh, que curioso!!!... esqueceuse La Voz”, ironiza.

“MESMO PROXECTO”

“Non existen nin novos, nin existen vellos. No BNG todos e todas estamos nun mesmo proxecto”, aseguran fontes da dirección do Bloque que negan “fendas” ou “diferencias internas”. “O de La Voz foi un artigo sobre un tema puntual que habería que preguntarlle a ese medio porque decidiu publicalo”, indican. 

De feito, apuntan a un novo artigo publicado por Pilar García Negro neste medio para desmentir a existencia de divisións. “Se houbera unha estratexia non entedo porque Pilar tamén se prestou a escribir sobre o mesmo en La Voz”, indican. Con todo, non ocultan que as posicións de certos ex dirixentes, tanto en xuntanzas internas, como a través dos medios, “causan prexuízos” á formación.

Neste novo escrito, titulado “Discrepar non é fender...nin é ofender” a propia Pilar García Negro tenta defenderse dos ataques recibidos polo medio no que publica, curiosamente, o artigo, La Voz. “Discrepar dunha acción pontual da organización política á que se pertence non é só un dereito no BNG senón un deber inherente ao debate necesario, á viveza do mesmo e á libre exposición de opinións. Síntoma, claro está, de boa saúde democrática, da que non andan nada servidas outras organizacións políticas como o PP e o goberno da Xunta, onde funciona o «si, bwana» ou o «Palabra de Dios. Te alabamos, Señor»”, apunta.

“FÁGOME ECO DE MOITAS OPINIÓNS DE MILITANTES”

“É comprensíbel, pois, que chame a atención dos que tal actitude manteñen que unha militante do BNG desde a súa fundación se permita diverxer dun acto concreto. No BNG non temos precisamente mentalidade servil ou reverencial. Por tanto: nen burato, nen fisura nen sequer rabuñadura ao BNG pola miña parte. O meu comentario nen fende nen ofende, porque non esa é a intención nen a finalidade”, engade.

E destaca algo comentado polas fontes consultadas por GC; “os recordatorios que me permitín facer non son para lañar o BNG, senón para todo o contrario, facéndome eco, iso si, de moitas opinións de militantes e simpatizantes na mesma dirección”.

E continúa; “Eu non me escandalizo polas palabras, sexan elas eufemismos ou disfemismos. Pobre de min se o fixese, sendo, como son, profesora de lingua e literatura con 40 anos de exercicio ás miñas costas. Non está aí o problema. O problema está no lugar e no uso que facemos delas... O BNG definiu hai ben tempo a política feminista como un ben público e a esta definición se ativo, coa práctica correspondente. Isto é o que vale e o que debe seguir existindo. En ben do BNG e da Galiza pola cal existe”, conclúe.

Ana Pontón e Pilar García Negro nunha rolda de Prensa
Ana Pontón e Pilar García Negro nunha rolda de Prensa | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

21 a polla mareante

Deriva atoleada de Iluminatis -Vieiristas con fortes consumos de psicotrópicos, que dan unha versión merdeira da realidade , o paseo alucinado que os estades dando mareados de podreiros e inútil e desesperado, SABEMOS QUE A MAREA RETROCEDEU ATA O FOSO DAS MARIANAS, o que decides, son frases comicas en situación de comedia, ide facer outros contos, como que ides sacar o pepeiro, A MAREA ESTA METENDO O PEPEIRO A GOBERNAR (Waldo das JONS o coletas), namentras o bloque traballa contra o machorrerio, a marea a facer o imbécil, como sempre fixeron os traidores, entendo que a pocilga da marea quera darme dislaikes e comentarios mala baba…pero comunistas dependentistas dexenerados non destruiredes a nosa ilusión de liberar Galiza

20 O que hai que ouir

Mama mía canta ganas de danar a única organización política que defende a Galicia , se non existe unha nova interesante sacan parvadas destas ou inventanas. De verdade isto é a noticia máis comentada no último mes, algo deben estar a facer ben no BNGa para que os detractores só teñan isto pa comentar.

19 Andres

Todos os partidos son sectarios ou partidarios por definición,, eu son de Anova e antes do BNG e penso que ambos son sectarios ,,,pero o PP e sectario e narco que é moito peor.

18 Loisin

É curioso que en Galicia Confidencial só sacan novas negativas (ou pseudonegativas) do Bloque. Non se ven das discrepancias eternas, baixas, etc no PSOE e na Marea. Só hai que ver as publicidades da web para ver as razóns...

1 murosnoia

Levo anos lendo este medio. Son militante do BNG e discripo moito da súa liña, pero se algo é certo é que desde que leo e xa van máis de dez anos, zoupoulle a todos ben. O que non aturo é que dentro da organización haxa que vaia curar as feridas a La Coz. Iso si que é publicidade pura e dura e derrotismo e entreguismo. Prifiro este xornal coas miles de eivas que ten que La Coz do f acha rei.

2 comunista independentista

É curioso que en Sermóns Paliza só saquen novas negativas (ou pseudonegativas) da Marea. Non se ven das discrepancias eternas, baixas, etc. no Bloque. Só hai que ver que é un panfleto tendencioso e sectario financiado por España para ver as razóns.

3 Carta de Anova á Complutense

17 Xonc

Avante co novo BNG. Pontón, Noa Presas, Xavier Campos, alcalde de Muras etc etc son líderes e políticos dunha gran valía. Á altura dos históricos Suárez Canal, Lores, Evencio Ferrero. Dá gusto oilos e ver o traballo que realizan. Hai presente e futuro.