Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/03/2018 | Actualizada ás 14:37
“O 70% dos traballadores da Xustiza está de acordo coa proposta da Xunta”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse exhultante este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, logo de coñecer que nas consultas organizadas polos sindicatos, a maior parte do funcionariado amosouse a favor de rebaixar os 190 euros que se tiñan marcado como tope nas negociacións co Goberno galego.
De feito, Feijóo considerou que esta votación demostra que os traballadores da Xustiza sempre estiveron de acordo coas propostas da Xunta e que enmendaron de planta aos seus sindicatos. “Agardemos que agora os sindicatos entendan a mensaxe dos seus traballadores que queren un acordo e non un conflito”, dixo.
“Agardo que agora sexan responsables”, engadiu sobre a posibilidade de que acepten a última proposta do Goberno galego que apostou por un aumento líneal en base aos postos que ocupan os funcionarios e non unha suba uniforme. Deste xeito, propuxo unha suba de 135 euros máis ao mes para os forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os corpos de auxilio. Os sindicatos criticaran esta prposta ao enteder que, relamente, a suba dos xestores e dos corpos de auxilio era mínima porque, os primeiros terían só unha suba real de tres euros e os segundo, de cero euros.
Con todo, o presidente galego volveu defender a posición da Xunta, aínda que apostou por unha “nova aproximaciń” para solucionar o conflito. Así, lembrou que o segu goberno fixo xa 8 propostas cunha claúsula de gtarantías e que isto suporá un incremento de entre 3.000 e 4.000 euros ao ano, “entre un 13 e un 14%”, puntualizou.
Tamén os sindicatos de xustiza anunciaron que proporán á Xunta volver reunirse o vindeiro luns, día 26 de marzo, para retomar as negociacións que permitan pór fin á folga indefinida que dura xa case 50 días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.