Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2018 | Actualizada ás 15:00
A presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, non cometeu ningunha irregularidade coas notas dun master que realizou na Universidade Carlos III. Así o cre o seu colega de partido e tamén presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que dixo que tanto ela, como os responsables e o reitor desta uiversidade xa deran unha “resposta documentada” a este respecto.
Por iso, e preguntado en varias ocasións se Cifuentes debería dimitir por esta cuestión, Feijóo deu a entender que non porque tanto ela, como os máximos responsables académicos desa universidade negaron que se tiveran producido irregularidades. “Logo de explicalo documentalmente, hai poucas dúbidas de que iso sexa verdade”, dixo.
Neste sentido, suliñou que “xa se aclararon os malentendidos” e indicou que, se hai novas probas ou informacións relativas a ese caso, “pois haberá que escoitar novas aclaracións”. “Polo momento, as cousas semella que se fixeron de xeito correcto”, engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.