Temas: CAUSA GALIZA

Causa Galiza protesta no Obradoiro pola presenza do rei Juan Carlos

O rei hemérito chega a Santiago para ser nomeado embaixador do Camiño de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/03/2018 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A convocatoria realizada pola organización política independentista tivo lugar ás 11:30 da mañá na praza do Obradoiro. As persoas que secundaron o chamamento concentráronse diante dos valados de contención colocados polos corpos de seguridade do estado.

Causa Galicia no Obradoiro
Causa Galicia no Obradoiro | Fonte: Causa Galiza

O obxectivo era mostrar o rexeitamento á presenza do monarca hemérito Juan Carlos de Borbón para reclamar o dereito de autodeterminación para Galicia.

Minutos despois de chegaren as compoñentes de Causa Galiza, aparecía o vehículo do que descendeu Juan Carlos de Borbón. Nese momento as congregadas polo grupo político corearon diversas consignas como "Borbón fóra da Galiza" ou "España a nosa ruina".

A presenza do anterior xefe de Estado correpondíase co seu nomeamento como embaixador vitalicio e de honra do Camiño de Santiago. O acto de entrega das credenciais tivo lugar ás 12:00 no Hostal dos Reis Católicos.

Temas: CAUSA GALIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 nostrus

Reclamar una republica gallega por parte de aquellos que constantemente se anclan al pasado y a la cultura es de lo mas incoherente, ¿que antecedentes tiene la republica gallega?. Pero bueno, la gente que se aburre es capaz de hacer hasta el ridiculo.

1 Bernal Calvo Delaciga

Costrus, que antecendentes ten o teu Reino de España, a falla de hixiene da Isabel A Catódica que fedía a kilómetros?

2 urco

Normal. Com ranhar ligeiramente a tona xorde o Millán-Astray que todo fascista leva dentro. "Muera la cultura, abajo la inteligencia" . Eis o único discurso no que se reconhecem.

6 ben por causa galiza

non avisaron o bloque e non podes ir onde non eres invitado, namentras o podreiro acudiu co alcalde a cabeza a darlle esterco a suxa monoarquia expañolenta, xa se sabe que o podreiro anda polas noites de esmorga en esmorga, facendo estragos os vehículos da xente traballadora, bonito exemplo o de podreiros

1 O que queda do BNG

Gonzalo, anda, dille á Poltrona que che pague os medicamentos, que traballas arreo pola "organizazón de Breogán".

5 Juan Jose

Todo un éxito. Enhorabuena... sin acritud !!

4 Castromil

Non seades así, foi en horario de traballo e chovía, nos días bos poden encher un microbús.

1 Beeeeeeeee

Se deran racións de polbo ou de empanada para encher o Castromil! E con unha visera ou un chaveiro de lembranza, acudiría en masa coa súa manada e sería a felicidade dos borregos guiados! Non hai nada tan lindo como as ovellas obedientes que se deixan guiar, roubar e degolar para goce do lobo!

3 Ouveos españolistas

E o BNG e as Mareas de Podemos? Estaban na cafetería a bon abrigo? Aquí é onde se mira quen quere mudar o sistema, quen está pola soberanía e quen se esconde! Por que non colacar en apuros o réxime: pedir desde o BNG e/ou Mareas no parlamentiño o título de embaixador para Urdagarin, o Duque Empalmado, e a súa inocentísima esposa? Por que non ridiculizar no lugar de calar? Será por ser cómplices do sistema do PPsoE! Será por mamar! Viva o postureo e viva El Rei herdeiro de Paco o Facha!