Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/03/2018 | Actualizada ás 14:21
A convocatoria realizada pola organización política independentista tivo lugar ás 11:30 da mañá na praza do Obradoiro. As persoas que secundaron o chamamento concentráronse diante dos valados de contención colocados polos corpos de seguridade do estado.
O obxectivo era mostrar o rexeitamento á presenza do monarca hemérito Juan Carlos de Borbón para reclamar o dereito de autodeterminación para Galicia.
Minutos despois de chegaren as compoñentes de Causa Galiza, aparecía o vehículo do que descendeu Juan Carlos de Borbón. Nese momento as congregadas polo grupo político corearon diversas consignas como "Borbón fóra da Galiza" ou "España a nosa ruina".
A presenza do anterior xefe de Estado correpondíase co seu nomeamento como embaixador vitalicio e de honra do Camiño de Santiago. O acto de entrega das credenciais tivo lugar ás 12:00 no Hostal dos Reis Católicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.