Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2018 | Actualizada ás 16:28
O servizo de Gardacostas de Turquía evacuou este sábado a tres traballadores galegos, da localidade de Marín (Pontevedra), que resultaron feridos, en principio por un accidente debido ás malas condicións meteorolóxicas, durante a construción dun gasoduto no mar Negro.
O tres atópanse hospitalizados, segundo informou a axencia oficial de noticias turca Anatolia, pero se descoñecen os detalles do seu estado. Segundo as informacións facilitadas a Europa Press por membros do sector naval galego, trátase de tres veciños de Marín contratados por unha empresa holandesa que se encarga de tarefas de recubrimento.
Segundo primeiras informacións do servizo de Gardacostas, os tres galegos atopábanse a bordo dun barco de tendido de tubaxes, o 'Pioneering Spirit', de bandeira maltesa, que operaba a 60 millas náuticas ao nordés do Bósforo.
O mal tempo obrigou á evacuación da tripulación pero o helicóptero de rescate, en Istambul, non puido despegar polas malas condicións, polo que se decidiu recorrer aos gardacostas, segundo a nota da axencia turca, recollida á súa vez pola axencia oficial de noticias rusa, RIA Novosti.
Os españois traballaban na construción do tramo submarino do gasoduto Turkish Stream, iniciado o pasado 7 de maio pola gasística rusa Gazprom.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.