Podemos di que é En Marea a que ten que resolver a situación da deputada Paula Quinteiro

A líder deste partido en Galicia, Carmen Santos, traslada o seu apoio a deputada e di que a súa dimisión é "unha decisión persoal".

Por E.P. | OURENSE | 24/03/2018 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A portavoz de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero, non quixo este sábado pronunciarse sobre a situación da deputada deste partido en Galicia, Paula Quinteiro, e suliñou que iso correspóndelle a En Marea, que é a coalición pola que foi elixida.

Dirixentes de Podemos e de En Marea nun acto en Ourense
Dirixentes de Podemos e de En Marea nun acto en Ourense | Fonte: Europa Press

Montero, que participou este sábado en Ourense nunha xornada sobre "Os retos do feminismo na política", remitiuse "ao que o grupo parlamentario e a secretaria xeral de Podemos teñan que dicir" e lembrou que Quinteiro "xa deu as explicacións pertinentes ao grupo parlamentario e publicamente".

Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, reiterou o seu "apoio persoal" Paula Quinteiro, a deputada de En Marea que se viu envolvida nunha disputa coa Policía Local na madrugada do sábado ao domingo, e deixou claro que a súa dimisión é unha "decisión estritamente persoal".

Acompañada por, Irene Montero, a tamén viceportavoz parlamentaria de En Marea pronunciouse deste xeito despois de que o Consello das Mareas aprobase o venres unha resolución para que Paula Quinteiro entregue a súa acta de deputada.

DISPUTA COA POLICÍA

A deputada de En Marea --militante de Podemos e afín á corrente Anticapitalista-- tivo na madrugada do sábado ao domingo unha disputa coa Policía Local que realizaba un control nocturno por vandalismo. Cando os axentes quixeron identificar a unha persona que ía no seu grupo, segundo o atestado policial, a deputada "dificultou" este labor e interferiu esgrimindo o seu carné de parlamentaria, pero ela asegurou que unicamente quixo intermediar.

Respecto diso, a secretaria xeral de Podemos Galicia asegurou que a súa formación condena de forma rotunda "calquera tipo de violencia" pero deixou claro que non está disposta a "linchar a unha muller e compañeira na praza do pobo" nin a "seguir a axenda que marca un PP corrupto".

Santos lamentou que Paula Quinteiro "está a pasar por un momento moi duro" cun "ataque persoal sen precedentes", pero insistiu en que a decisión de entregar a súa acta correspóndelle "estritamente" de forma persoal. "Como Podemos o que non imos facer nunca é o linchamento dunha compañeira. Hai que respectar a lexitimidade que ten Paula para tomar as súas decisións, dar as súas explicacións e facer o que considere oportuno", sinalou respecto diso. Ademais, insistiu en que Quintero "é unha persona responsable que pensa no proxecto por encima dela mesma" e que xa se desculpou polos feitos.

DECISIÓNS OPOSTAS

Carmen Santos non quixo valorar a resolución acordada polo Consello das Mareas, pero si deixou claro que se trata dun posicionamento "oposto" ao adoptado polo Grupo Parlamentario, que acordou unha saída para a parlamentaria que pasaba pola apertura dun expediente interno e esperar ás resolucións policiais e xudiciais.

"Cada un ten que dar conta das súas posicións e porqué dá, pero en ningún caso o grupo non lle pediu a Quinteiro a súa dimisión", precisou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Amén

Pola xente do común, pola cidadanía agredida, pola unidade popular, pola paz, pola democracia ¡ViVAPAÑA!

1 xacobe

Romperá coa marea e marcharase o grupo mixto(xa teñen experiencia), por algo son rupturistas

1 outra carmen "la roja"

non son marea, non existe marea, salvo para enganar os tontos, SON E FORMAN PARTE DE PODREIROS, TODOS ELES!!!! non se deixen encalatrar!!!! - non estamos en valencia sinon na claudicante e infiltrada expañolandia en Galicia, son o sucursalismo vil do podreiros expaña!!!!- agora o podreiros expaña di que non e cousa deles e cousa da marea, OUTRO ESPECTACULO NOXENTO OUTRO MAIS E OUTRO MAIS - desde o -vieiras a carmenchu santificado (pasando polo faimerrich son todos expañolentos E-X-P-A-Ñ-O-L-E-N-T-OS!!!! - aquí esta o pago dos votos dos galegos, o pago da comunista!!!! e saben moito destes desmadres incluso non deixa de ser todo un.ha secuela desfrazada de remake - http://www.galiciaconfidencial.com/...