Temas: DESAPARECIDO MAR

A moza arrastrada polo mar na praia de Riazor achegouse para ver as ondas cos seus amigos

A muller duns 22 anos, estaba cuns amigos pasando a Semana Santa cando se achegou ao espigón que separa o areal de Riazón do Orzán. Unha onda de mar arrastrouna sen que ninguén puidese facer nada.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/03/2018 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

A moza ourensá de 22 anos que levou o mar na praia de Riazor, Coruña, achegouse á zona da Coraza para poder ver as ondas, segundo informou a concelleira de Seguridade Cidadá Rocía Fraga. A concelleira apuntou tamén que os feitos ocorreron sobre as seis da mañá, cando a rapaza máis os seus amigos se achegaron de maneira "imprudente" ao lugar. Nese momento estaba baixando a marea, co que o efecto resaca era moito máis forte.

Dispositivo de busca da muller desaparecida en Riazor
Dispositivo de busca da muller desaparecida en Riazor

A concelleira Rocío Fraga está no posto de mando que coordina o operativo de busca. Foi a responsable municipal quen dixo que tanto a moza como os amigos estaban pasando a Semana Santa na Coruña. Nun momento que pasaban pola zona de Riazor, quixeron ver as ondas. A esa hora estaba decretada alerta laranxa en toda a costa polo vento.

Unha onda de mar foi a que arrastrou á muller ourensá sen que os seus amigos puidesen facer nada. Só chamar aos servizos de emerxencias.

No operativo de busca e localización interveñen equipos de mergulladores dos bombeiros coruñeses e efectivos de Protección Civil. Ata o lugar achegáronse autoridades como a concelleira de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga e outros membros dos equipos de seguridade da capital coruñesa.

Temas: DESAPARECIDO MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta