Carmen Santos reprende a Villares: “Reabrir temas pechados é de irresponsables, insensatos e mesmo tolos”

A líder de Podemos en Galicia oponse a que os militantes de En Marea decidan sobre o futuro de Paula Quinteiro e asegura que é ela a que ten que tomar a decisión. “Eu non vou entrar nunha caza de bruxas que é propia do PP”, asegura. "Se a outros non lle gustan as siglas de Podemos --nas listas municipalistas--, terán que ver", engade.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/04/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Villares reabriu esta mañá a ferida de en Marea polo caso Paula Quinteiro. Dixo que se fora el dimitiría a apostou por que os inscritos en En Marea decidian en votación o futuro da deputada que se enfrontou con policías locais de Compostela. E non tardaron en responderlle nin catro horas. Foi a líder de Podemos en Galicia, Carmen Santos, partido ao que pertence a parlamentaria cuestionada: “Reabrir temas pechados é de irresponsables, insensatos e mesmo de tolos”, espetoulle.

Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa
Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa

Sensiblemente enfadada, Santos que tiña pensado falar de “outros temas”, como a situación de Cifuentes en Madrid ou os votos prestados que o PP lle pide ao PSOE para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado, cambiou absolutamente o guión e decidu contestar a Villares. E foi contundente: “Eu non vou entrar nunha caza de bruxas que é propia do PP”, suliñou.

Así, amosou a súa sopresa por un tema que consideraba “zanxado” se reabrira tras as declaracións de Villares que, ata este luns, non se tiña posicionado sobre esta cuestión. “El tería que ter respostado como voceiro do grupo parlamentario”, dixo ao suliñar o acordo ao que chegou este órgano a pasada semana sobre o caso Paula Quinteiro coa oposición de tres deputados do grupo, incluído o propio Villares. 

Por iso, afeou ao líder de En Marea que “caíra no discurso demagóxico do PP” e criticouno por reclamar unha consulta coa que se manifestou en contra. “E o digo eu que sempre defendín as consultas da militancia pero non se pode facer unha consulta de índole persoal”, suliñou. E para refrendar a súa posición e suliñar que non está soa nesta demanda engadiu: “E iso foi o mesmo que dixo Martiño Noriega –este domingo--. Que hai que pechar isto e seguir traballando”, suliñou. 

Ademais, destacou que moitos dos militantes de Podemos non pertencen a En Marea –non é o caso de Paula Quinteiro que si integra este espazo-- e insistiu en que non se pode utilizalas como “tribunais da Inquisición”. Sobre o caso Quinteiro, Santos foi rotunda. “É certo que Paula se equivocou e xa pediu perdón e condenou públicamente a violencia e o que se está facendo agora é unha caza de bruzas propia do discurso do PP”, insistiu.

REFLEXIÓN

Por iso, anunciou a apertura dunha “reflexión profunda” dentro do Grupo Parlamentario de En Marea co obxecto de “fortalecelo” porque, dixo, “está quedando moi desacreditado” con debate interno. Non aclarou moito máis. Só que no futuro xa se dará conta desta “reflexión” e dos “nomes” que xurdan nesa reflexión.

A diferencia doutros dirixentes, Carmen Santos si que condenou os insultos que sufriu Villares. “Condeno todos os insultos veñan de onde veñan e o digo eu que tamén sufrín graves insultos e sigo traballando coa persoa que me insultou polo ben da organización”, dixo en alusión a unhas feas palabras da deputada en Madrid Ángela Rodríguez.  “Pero eu me nego a entrar en batallitas internas”, dixo en alusión as grandes diferencias internas que  existen en En Marea.

“ESPAZO DO CAMBIO”

En varias ocasións, Santos insistiu na necesidade de reforzar o que ela chamou “espazo do cambio” e non dividilo. Con todo, e cuestionada se incluír as siglas de Podemos para as listas municipais non supón dividir ese espazo, a líder de Podemos dixo que “trátase de sumar e non de dividir”. 

Se a outros non lles gusta terán que ver. A nós non nos sobran as siglas de ninguén”, dixo en alusión aos distintos espazos municipalistas que xurdiron nas pasadas eleccións municipais. En todo caso, destacou que “hai vontade de chegar a acordos” con outros grupos e espazos políticos –nomeadamente con EU e Anova-- e sobre a posibilidade de incluír as siglas destes foi contundente: “Iso é rizar o rizo”.

“Do que se trata é de sumar. Podemos representa o cambio, a transparencia, o código ético, as novas formas de facer política; as mareas son a loita social, a recuperación dos dereitos públicos e Esquerda Unida, o republicanismo”, engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

7 Xanc

A m.rda debaixo da alfombra é a nova política?? Que alguén mo explique. Na rolda de prensa a líder de Podemos Galicia ía falar de Cifuentes, do presuposto do Estado... Unha deputada do Parlamento Galego falando do que pasa en Madrid?? Non entendo nada. Que hai da AP9, da Lei de Sanidade recén aprobada..? Para Podemos, Galicia non existe. Só miran a Madrid e á Complutense. Menudo fiasco a Marea! Están perdendo a batalla do traballo e ideas co Bloque. Esta Marea parece unha fotocopia do BNG antes de Amio

1 Normal

Será porque son os mesmos que a montaron no BNG máis outros oportunistas quen podia sabelo

6 Así se fai

Ten razón a ex testemuña de Xehová, ou non, diolosabe. Ou os baróns que xa falaron tamén, ou Villares liderando moito. Se marcha entra Hermida ou quen entra? Disto só nos salva o Mestre Beiras coa súa lucidez e coherencia. http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

5 sermos mantidos

Carmen Santos erra. Non está 'zanxado', nin os insultos a 'Villares hijo de_puta' coa deputada Paula presente e rindo, nin o comportamento impropio da deputada Paula Quinteiro para defender unha gamberrada, nin o 'puta_coja' que che chamou a deputada Ángela Rodríguez, alias Pam. Carmen Santos compórtase igual que os do Partido Podre: tapando os impresentables niñatos da neocasta de Podemos. Unha vergoña Carmen Santos!

1 La pastillita loqui

todos mantenidos menos tu loquito

4 Natasha Rostova delasRestrevas

A min podemos marearnos nunca me entusiasmou, pero ter que ler isto entrusteceme. Que espectaculo tan penoso!Urxe convocar un espazo comun galeguista/nacionalista para ver de recompoñer o pouco que queda da esquerda galega. Os que creasTes este desastre e vos dicides nacionalistas ou galeguistas tedes a obriga moral de facelo.

1 Xa o fixeron

Ese espazo xa existe. Urxe que ningún destes que está agora dando o espectáculo se volva achegar a el. Fan máis servizo ao nacionalismo onde están, coa esquerda española e demostrando quen son.

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Non. Compre ser mais, sabendo o que hai e pedindo un compromiso minimo de lealdade.

3 Natasha Rostova delasRestrevas

A min podemos marearnos nunca me entusiasmou, pero ter que ler isto entrusteceme. Que espectaculo tan penoso!Urxe convocar un espazo comun galeguista/nacionalista para ver de recompoñer o pouco que queda da esquerda galega. Os que creasTes este desastre e vos dicides nacionalistas ou galeguistas tedes a obriga moral de facelo.