E logo non é certo que nas cidades, deixando aparte os vellos dos barrios ou os obreiros, quen falan galego polo xeral son "nacionalistas exaltados" e que son moi poucos? E ide a Muxía, a ver se chegades a entender o 50% do que falan os muxiáns.
non sei en que Galicia vives ti pero non na miña...e desde logo que nas cidades si que se fala galego e senoón vai a Santiago...a e outra cousa...eu fun a muxia e nentendín a perfección o seu galego...e xa por último, non non son unha nacinalista exaltada!!!!o que pasa e que marte e a xente que pensa como ela son uns petardos...
O mito de que en Santiago se fala galego e cada vez menos certo. Si, hai anos, cando celebraban a feira do gando na Alameda, era certo, pero eu diría que desde que se instalou alí o Corte Inglés, cada vez é menos certo. Ti proba a ir a unha tenda pequena, na que a dependenta sexa unha rapaza nova e despois falamos. E no tocantes a que non eres unha nacionalista exaltada, non sei se ti coñeces a algún criminal que recoñecera os seus delictos. Pode haber algún, pero polo xeral, non, e ten que ser un xuiz independente quen diga se o criminal cometeu os delictos que foran. Pois aquí, o mesmo, terán que ser os demais quen consideren se eres ou non unha nacionalista exaltada, tipo upegallo, ou quen está apoiada polos upegallos.
mira creo que quen debes pasar por snatiago es ti...eu vivo en santiago e podeche garantir que escoitas os pequenos no paruqe falar galego...pola rúa do Franco ninguen fala outra cousa...e nas tendas do centro tanto do mesmo...o igual o que tes a venda nos ollos es ti...non fai falta ir a feira do gando con introducirte nunha das aulas de xornalismo, filoloxía,arte ou historia entres outras xa será suficiente...veña amigo convidoche a fecr a proba e despois falomos pareceche?¿? e despois disme quen se equivoca...falo do que vexo...
Home pois con algúns dos que citaches traballo eu con bastante frecuencia, e dígoche eu que non. A non ser que saian do ámbito que citas e se pasen ao español. E nas tendas do Franco, dirixidas aos turistas, seguro que lles falan en galego... Veña ho, a colarlla a outro.
creo que vivimos en Galicias distintas, eu non preciso colarlla a ningúen que ala cada un coa súa conciencia...se esta petarda di que o galego e de ignorantes e de paletos e ti lle aplaudes igual te deberias plantear s eti non es o primeiro ignorante ¿ non cres? eu polo menos teño claro de onde veño e quen son...e non son paleta nin ignorante nin moito menos lle vou deixar de falar a un rapaz por que me fale galego..e máis daría o que fora porque os meus fillos nun futuro falasen a lingua que os verá nacer...
Mira, parécesme un que é un coñazo, paso del e anda laiándose polos fíos porque non lle fago caso, i eu preocupado. Pois contigo, rapaciño, habería que replicar a tantas cousas, que o que ti queiras :)
Ten razón Natalia...Este ente de GH (Recórdovos que para entrar nese programa hai que ter varias taras mentais. De feito, os elixen así para que dean máis xogo) está chamando paletos e ignorantes os que falan galego. E ti manoliño, polo menos por aquí, es un deles. E sen embargo a defendes. Isto defínete máis do que pensas. Por certo, tamén é moi revelador que consideredes a opinión dunha rapaza que dubido moito que saiba ler e escribir máis aló do seu nome..
Manolo, ornea do que queiras (faltaría máis), pero antes de falar de Compostela, lava a boca con xabrón, desinformado! Eu coma compostelán e residente na cidade digóche que é FALSO o de que en Compostela se fala menos galego. de feito, vai a máis: cando eu era novo, era case imposible ver a rapaces de insti falando galego, e hoxe mudou. e con isto, en mil aspectos da vida cotía. Anda, marcha á feira do gando, que comeza o reconto de reses...o que hai que ler!
Eu son de Asturies e estiven o derradeiro fin de semana en Santiago celebràndo unha despedida de solteiro e como xuez imparcial podo dicir que en Santiago fàlase o galego entre a xente nova ou polo menos iso e o que escoitei nos bares e discotecas e espero que isto sexa asi por moito tempo.
Se unha galega fàlame en galego para min e moito màis xeitosa.
Si y entonces eu soy do BNG, natural de Allariz, donde nadie habla gallego, aparte de Quintana, y estoy de acuerdo con la rapaza. También soy imparcial
Home iso que dices de que en Muxía non lle entendes o 50% do que escoitas non me parece raro. De feito cando estou escoitando os informativos e saen persoas do país español, falando (supostamente) en castelán sempre me atopo xirando a cabeza e preguntarlle o/a do lado: ¿que dixo?, e, simplemente, se encollen de ombreiros. Polo que supoño que non é un problema de oidos meu. E ahí é mais do 50%. Supoño que hai un idioma que todos coñecemos, pero que non todos temos o mesmo tono, acento, velocidade, expresión,... e sen embargo estamos falando no mesmo. ¿ía a ser o galego diferente?. Non, home non. Pero iso é o que fai rico os idiomas, e confuso o mesmo tempo. Pregúntate por que aos actores australianos teñen que dobralos en estados unidos ¿non falan todos inglés?, ¿e que ten que ver ese ingles de Texas, ou o español de Cuba, co que se fala en Dublín ou Madrid?.
Non, realmente, o galego non se diferencia dos outros niso.