Cinismo, mentira e apariencia

Varios foron os acontecementos que nestes días viñeron a demostrar que os nosos gobernantes, que non son máis ca un reflexo dunha gran parte da sociedade, viven instalados no cinismo permanente, tamén na mentira máis ou menos piadosa e, sobor de todo, en aparentar aquelo que en cada momento necesitan.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/04/2018

Comparte esta noticia

A conciencia e a ética para istes persoeiros é como unha esponxa, que estira ou encolle segundo a comenencia,  dicíame  hai anos  un compañeiro de traballo. O certo é que, nesta España de pandeireta e castañolas, siguen vivos os vicios herdados dos tempos nos que presumir de ter amizades  e títulos daban moito caché  e abrían portas pra pedir favores e ter prebendas varias.
 
Vivimos nun tempo onde a apariencia ten moito peso e, tivo que lembranos a serie televisiva de Fariña na que  un home serio con pinta de bonachón que seica era o presidente da Xunta, tamén sabía moito da financiación escura do seu partido. Pois nas imaxes  falaba e louvaba ós cantrabandistas que logo foron narcos recoñecidos e condenados.
 
Anos atrás a  Quintana, o vicepresidente do bipartito,  pouco menos que o fusilan por unha foto cun potentado empresario da terra. E o da reunión de marras  sabíao moita xente e moitos medios, e todos calaron mirando pra outro lado. Por iso, despois de ver Fariña  lembro as verbas dunha parente que daquela anos 80 era mestra en Cambados. Pois  dícia que nun acto dos populares,  na primeira fila, estaban sentados todos os contrabandistas da ría de Arousa. E tiña moita razón.
 
Algo semellante, aínda que noutra materia, nestes días pásalle a  Cristina Cifuentes, a que seica loitaba contra a corrupción incluso a do seu partido. Pois a este señora regaláronlle un master sen pisar a universidade e sen examinarse. Pero ela, cun cinismo que arrepía, mentía diante os medios  para xustificar o  que non parece ter xustificación. Claro que poucos días lle quedan de presidenta.  Con todo o acontecido, ós nosos gobernantes, parece que pouco lles importa esnaquizar o nome das institucións como a universidade con tal de saír inmunes e salvar o seu pelexo.
 
Ter  moitos titulos para acceder a postos mellor remunerados pode ser o obxectivo final que perseguía a presidenta da comunidade madrileña.
 
Mais, o colmo do despelote e do cinismo, chegou vendo as imaxes da convención dos populares en Sevilla aplaudindo e dándolle apoio a unha señora que minte máis que fala,  pero que esquece que é un cargo público que debía ser modelo de ética diante os gobernados.
 
En fin, a dereita que se sinte dona do poder, ten un cúmulo de despropositos e corruptelas que  soamente se superará cando  pasen  un periodo de tempo no  purgatorio arredados do poder. Pero  o triste é que istes comportamentos teñen pouco castigo electoral. E non dá chegado o tempo de baixalos do goberno. Por iso, despois moitos  anos de democracia, seguimos aparecendo á vista de toda Europa como un Estado corrupto  onde a mentira, o cinismo e a apariencia campan as súas anchas. Xa sei que,  para  a grande maioría dos nosos gobernantes e  un importante sector da poboación,  a conciencia e a  etica política son como a esponxa que estira e econlle segundo o momento e a necesidade política. Por iso somos, a pesares de que nos manque a moitos,  o faime rir da UE. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com