Villares pídelle a Paula Quinteiro que tome exemplo de Juan Merlo e dimita tamén

O portavoz de En Marea dille á deputada que o seu compañeiro en Podemos "deu un exemplo" ao renunciar á súa acta. Ademais, quita importancia ao peso da formación morada no grupo parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario e do partido de En Marea, Luís Villares, instou á deputada Paula Quinteiro a "reflexionar" ante o "exemplo" ofrecido polo seu compañeiro de grupo e de filas en Podemos Galicia, Juan Merlo, que presentou a súa dimisión de todos os seus cargos —como deputado e tamén como seceretario de organización de Podemos— despois de que se desvelase que no seu currículo figuraba que é enxeñeiro naval sen finalizar os estudos. É a segunda vez que Villares pide a Quinteiro que renuncie ao seu escano.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, nunha entrevisa con Europa  Press
O portavoz de En Marea, Luís Villares, nunha entrevisa con Europa Press | Fonte: Europa Press

"Hoxe [este venres], o secretario de Organización de Podemos, secretario de Organización de Paula Quinteiro, deu un exemplo de coherencia e consecuencia e de ética que todos recoñecemos", manifestou, nunha entrevista concedida a Europa Press, Luís Villares, quen apelou así á parlamentaria, á que pediu que dimita e que tome nota de Merlo.

Paula Quinteiro viuse implicada nun incidente coa Policía Local na madrugada do 18 de marzo durante un control nocturno por mor dunha denuncia por vandalismo. No atestado policial daquela noite foi acusada de interferir na identificación dunha persona que lle acompañaba no grupo de amigos, pero ela defendeu publicamente que unicamente dixo que era parlamentaria para tentar "intermediar".

O Consello das Mareas —máximo órgano de decisión entre plenarios— pronunciouse a favor da dimisión de Paula Quinteiro xusto despois de que o grupo parlamentario, que tamén preside Luís Villares, decidise que a solución polo momento era abrir un expediente informativo interno e esperar a ver como evolucionaban os acontecementos. En ambos os casos Villares abstívose pero, uns dez días despois, manifestou a súa opinión a título persoal —precisou el mesmo— a favor da dimisión de Quinteiro.

Así as cousas, Villares manifestou que a decisión de Juan Merlo adoptada este venres "lle honra e deixa o listón ético de En Marea e de Podemos moi alto".

"Para a xente de Podemos é motivo de orgullo que se predique coa ética", sinalou Villares, quen tamén considerou que é un "exemplo" para "todos" os integrantes de En Marea o paso dado polo até agora compañeiro de grupo, número dous da líder da formación morada en Galicia, Carmen Santos.

Así, para o maxistrado en excedencia trátase dun "elemento de reflexión moi importante para Paula Quinteiro". "Os propios argumentos dados por Merlo da ética que practica estou seguro que Quinteiro non os vai a negar", aseverou.

Luís Villares mostrouse "de acordo" coas declaracións que fixo este venres a dirección estatal de Podemos a nivel estatal, mediante súa número dous, Irene Montero, quen asegurou que "evidentemente" Merlo tiña que dimitir. "Pero en En Marea xa hai 15 días que fixemos esa valoración. Viñemos aquí cunha ética exemplar", defendeu, fronte á postura de Podemos Galicia no caso Quinteiro, a quen avala para que continúe como deputada.

RENUNCIA DE XOÁN HERMIDA

O candidato por Pontevedra Xoán Hermida, ex-coordinador de Marea de Pontevedra, é o seguinte na lista, pero este xoves anunciou que renunciaría á súa acta de deputado se Quinteiro presentaba a súa dimisión (cuestión esta que agora se estende ao caso Merlo). Fíxoo para "elevar o listón" da "ética" despois de que se revelase que tiña unha multa de tráfico na que figura que se enfrontou a un axente da Policía Local.

"Onte [este xoves], Xoán Hermida demostrou que estamos aquí para un alto compromiso ético. Facer política doutra forma. Hoxe [este venres], Juan Merlo, secretario de Organización de Podemos, secretario de Organización de Paula Quinteiro, deu un exemplo de coherencia e consecuencia e de ética que todos recoñecemos", aseverou.

Villares indicou que falou co que fóra de número 6 na lista de En Marea pola provincia de Pontevedra e "confía" na palabra dada de que non asumirá a acta de deputado, aínda que o seu anunciou foi anterior a coñecer a situación de Juan Merlo, cuxo currículo foi desvelado este venres polo diario 'ABC'.

JULIA TORREGOSO, A SEGUINTE NA LISTA

Deste xeito, a acta de parlamentaria corresponderíalle a Julia Torregoso, que é a responsable de Educación na executiva de Carmen Santos e, por tanto, é inscrita de Podemos. Isto significaría que a formación morada non perdería o peso político que teñen dentro do Grupo Parlamentario de En Marea.

"A única correlación de forzas que me interesa é a de En Marea e o PP", sinalou Villares, quen insistiu en que o importante é que "a xente cumpra cos compromisos de lealdade" ao proxecto. "Sexa quen sexa, fará un bo papel", sinalou.

Neste escenario, Luís Villares subliñou que "o que están a demostrar Merlo e Hermida é que En Marea non defrauda e que a xente pode confiar en En Marea".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Natasha Rostova delasRestrevas

No pares, sigue, sigue. Pero e que uns e outros non tedes sentido? Quen esta a sacar rendemento de todas as vosas estupidas liortas e o PP. Vaiades onde vaiades sementades discordia. Menudo neghosiaso fixo Podemos con vos. En Podemos de la capital deberian ir pensando en buscar a alguen con carisma e presentarse sos. E vos... Recolledes oque sementastes. Por onde pasades sementades o mal rollo.

3 Alberte

Este miñaxoia, aínda non se deu de conta de que mandan los Mandriles?

2 Per

A min parezme pior o caso Quinteiro xa que o Sr.Merlo o único que fixo mal foi presumir de ter unha carreira(mal feito pra un home de esquerda)a min dariame igual que fose un indixente.Tivo a mala sorte que pra estratexia de Podemos non conviña , e cando impoñen a demisión dende Madrid, pregase,,iso parezme mai,,,somos servidume.

1 PAS PAN

Más maderaaaaaaaaa!!!!!