O cuasi tránsfuga Manuel Martínez: “O alcalde de Ribadeo do BNG fichará polo PSOE”

“Eu sei quen son, sei de onde veño e cara onde vou”, contéstalle Fernando Suárez que acusa ao deputado provincial aínda socialista, pero que vota co PP, de "desviar" a atención.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 17/04/2018 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O deputado provincial de Lugo, expedientado polo PSOE e probablemente expulsado deste partido en breve por votar co PP, Manuel Martínez, estendeu a crise aberta na deputación e no seu partido ao BNG ao apuntar directamente ao alcalde máis importante que mantén este partido na provincia, o de Ribadeo, Fernando Suárez. "Fichará polo PSOE", dixo.

Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo
Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo | Fonte: eldiario.es

O alcalde de Becerreá insinuou este martes que este rexedor "aterrará" no Partido Socialista para encabezar esa candidatura nas próximas eleccións locais. En declaracións aos medios de comunicación, Martínez afirmou que o goberno provincial fixo con Ribadeo unha excepción que non lle permitiu a ningún outro municipio da provincia. “A súa residencia da terceira idade, que nada tiña que ver coa institución, sumásese ao grupo das que foron promovidas por Suplusa para facilitar a súa apertura mediante convenios entre os concellos e a propia Deputación”, dixo.

“Parece que o alcalde de Ribadeo xa non está no Bloque de facto e, posiblemente, aterre mesmo no Partido Socialista". Aínda que dixo que a día de hoxe non o pode asegurar, "todo indica que pode ser así", acusou.

Desde o seu punto de vista, trátase dunha "compra de vontades", porque "hai outras residencias que pediron entrar, como Samos, Palas de Rei ou mesmo Sarria -onde goberna o PSdeG-, pero non se lles concedeu ese privilexio", dixo.

"EU SEI QUEN SON"

Pola súa banda, o rexedor de Ribadeo contestoulle xa: “Eu sei quen son, sei de onde veño e cara onde vou”, afirmou. Así acusou a Martínez de tentar de desviar a atención sobre os problemas que mantén dentro do seu partido e tamén polos rumores que o sitúan como promotor dun movemento político de dísculos e tránsfugas do PP e do PSOE.

Manuel Martínez, deputado da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá
Manuel Martínez, deputado da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá

“sobre estas declaracións estrambóticas do alcalde de Becerreá eu teño que dicir pola miña parte que eu son quen son, sei quen son, de onde veño, sei como pensei sempre e como penso e para onde vou. E cando acabe o meu periplo aquí, neste Concello, sexa cando sexa ese momento, para onde me irei será para o meu posto de traballo, que é precisamente noutro Concello próximo a este. Non vou ir para un lado nin para outro, ireime para o meu posto de traballo, que é o que sempre podo dicir con orgullo e con satisfacción”, aclarou Suárez. 

O alcalde indicou que “polo tanto elucubrar ou andar enredando con outras cousas supoño que será un intento de desviar a atención destas actuacións esperpénticas que está a facer, cubrindo con este tipo de falsas informacións que absolutamente quero desmentir”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Marcelo da Veiga

É un feito que Suárez está máis no PsoEspañol que no BNG. Xa saben, o de "agasajar" ao Borbón no caso do pequeno Nicolás deixouno co cú ao aire, e alporizou a algún coronel. Tampouco é novidade: Portomarín, Porquería, A Cañiza, O Porriño... O BNG é a cantera do PsoEspañol, e pouco falta para que dona Ana vire a chaqueta...

1 Que si home

Home, novidade que o fagan catro de milleiros de militantes. Debías de querar que se metesen no partido do teu amigo Louzán, aínda que PP e PSOE sodes moi parecidos.

2 Xanc

O Bloque tamén é canteira da Marea Podemos... Martiño, Beiras, Antón Sánchez, Villares, Davide Manzaneda... etc etc. Algúns prefiren xogar no Madrid ou no Chelsea que xogar no Athletic ou no Celta. Billetes vs ideais