A Xunta mantén a recomendación de non beber auga de pozos en Contrasto (O Porriño), pola presenza de lindano

A Xunta mantén a recomendación de non beber auga dos pozos particulares na zona de Contrasto, no Porriño (Pontevedra), un dos lugares onde se detectou máis contaminación por lindano.

Por E.P. | VIGO | 20/04/2018 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Xunta mantén a recomendación de non beber auga dos pozos particulares na zona de Contrasto, no Porriño (Pontevedra), un dos lugares onde se detectou máis contaminación por lindano. Así o trasladaron responsables autonómicos nunha reunión celebrada este venres con representantes do Concello do Porriño, encabezados pola alcaldesa, Eva García de la Torre.

Zonas do Porriño onde se detectou lindano
Zonas do Porriño onde se detectou lindano | Fonte: xunta.gal

Nesta comisión de seguimento, na que tamén participaron representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tamén se informou de que se está terminando a redacción do proxecto de remedación da pista afectada na zona de Contrasto, o principal foco de contaminación por lindano.

Pola súa banda, a rexedora porriñesa trasladou que acaba de presentar o proxecto de obra de abastecemento de auga aos veciños, que agora debe ser valorado pola Consellería de Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta