O Centro Gallego de Buenos Aires apraza a decisión sobre a súa venda até o 8 de maio

Búscase que a operación deixe libre de débeda tanto ao comprador como ao vendedor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2018 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A asemblea de representantes de socios do Centro Gallego de Buenos Aires acordou aprazar de novo a decisión sobre a súa venda até o próximo día 8 de maio, ás 18.00 horas (hora local). Nunha reunión celebrada o martes na capital arxentina e que contou coa participación dunha trintena de representantes, autorizaron este adiamento para que o interventor, Martín Moyano, poida seguir negociando para que a operación deixe libre de débeda tanto ao comprador como ao vendedor.

Imaxe do Centro Galego de Bos Aires
Imaxe do Centro Galego de Bos Aires

Precisamente, segundo explicou o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, entre outras cuestións, o interventor está a negociar coa Seguridade Social arxentina a posibilidade de quitas e novos prazos para solucionar a débeda deste centro.

Así mesmo, os representantes de socios presentes na asemblea deron luz verde ao interventor para que presente un acordo preventivo extraxudicial que, como sinalou López Dobarro, é "un dos elementos centrais" para poder homologar en sede xudicial o total da débeda da institución.

A celebrada este martes é a terceira das asembleas de representantes de socios —uns 4.000 na actualidade— convocadas co obxectivo de solucionar o futuro desta entidade, que foi a institución de referencia para os emigrantes de Galicia en Arxentina.

OUTROS ASUNTOS

Outros asuntos abordados no encontro foi o informe sobre o estado das marchas voluntarias traballadores da entidade. Así, o interventor explicou que no mes de abril fóronse preto de 100 empregados.

Ademais, sinalou que en maio se poden sumar "200 ou 300 máis", cifra á que se engade outro centenar de traballadores que, pola súa idade e antigüidade, poden acceder á xubilación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta