As "cacerías" dos deputados de Podemos

Xoán Hermida suxire que hai unha "cacería desde dentro de En Marea" e desde a oposición contra Luís Villares. Os medios insisten en "cazar" a deputados de Podemos implicados en irregularidades. A nova vítima é a futura deputada Torregrosa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2018 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A situación da Marea segue lonxe de ser tranquila e vai camiño de converterse nunha marexada permanente. Cando aínda non cesou o caso "Quinteiro", agora aparecen novas acusacións contra quen aínda non tomou posesión do escano do dimitido Juán Merlo, Julia Torregrosa. E no medio, as acusacións púbicas de Xoán Hermida, o ex voceiro da Marea de Pontevedra e que renunciou ao seu escano na Cámara galega pedindo "ética" aos seus compañeiros de Podemos.

Natalia Prieto, Julia Torregrosa e Carmen Santos
Natalia Prieto, Julia Torregrosa e Carmen Santos | Fonte: Europa Press

Hermida aseguraba este mércores nunha entrevista coa TVG que se hai "cacería" é a que "desde hai dous anos fan contra Luís Villares, desde a oposición e desde algúns sectores do partido". "Nunca vin outra caza", aseguraba en alusión ao caso Quinteiro.

A preguntas dos medios sobre estas palabras, a líder de Podemos, Carmen Santos, saltaba a  recriminarlle que "é absolutamente falso" que exista tal cacería contra Villares, e cre que debe ser Hermida quen aclare "por que fai esas afirmacións que nada teñen que ver coa realidade". E volveu defender a "autonomía" do seu partido para tomar decisións dentro do grupo de En Marea.

OUTRA NOVA POLÉMICA

Un partido, o de Podemos, que volve estar no centro da polémica logo de que algúns medios insistan noutra "cacería" aos seus dirixentes. Desta volta, é Julia Torregrosa, que será nova deputada de En Marea no Parlamento galego en próximos días, e admitiu este mércores que o seu coche estivo implicado nun accidente de tráfico con feridos sen ter o seguro "ao día".

Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa
Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa

Así o apuntou este mércores a preguntas da prensa en rolda de prensa en relación cunha información de El Correo Gallego na que se indicaba que un coche ao seu nome, que levaba máis dun ano sen seguro, viuse implicado nun accidente con feridos en Poio --concello que goberna o BNG--, a principios de marzo no que Torregrosa non conducía.

"Houbo un accidente de tráfico no que puiden verificar que o seguro non estaba ao día como eu pensaba", explicou, pois se trata dun seguro "cunha compañía de Internet" que se atopa "fraccionado" nunha conta "online". "E atopeime que non tiña o seguro ao día", expuxo.

Nunha rolda de prensa en Santiago coa líder de Podemos Galicia, Carmen Santos, Torregrosa informou de que no seu coche --que si ten a ITV en regra-- houbo un ferido que "quedou máis grave" nese accidente, mentres "os outros foron feridos leves".

Cuestionada sobre se eses feridos leves iniciaron algún procedemento contra ela, respondeu: "Aínda non hai nada iniciado, supoño que haberá un xuízo". "Eu non teño ningunha información porque información oficial non chegou", agregou.

DEFENDE QUE FORMA PARTE DA SÚA VIDA PRIVADA

"Temos mil cosas a facer e mil cosas na cabeza e, lamentablemente, foi así, está solucionado", afirmou sobre o accidente, que reduce a "un problema administrativo". "Lamento moito a situación", engadiu.

Deste xeito, Torregrosa identificou o sucedido nese accidente como "asuntos puramente privados". "Sinceramente creo que a miña vida privada non ten nada que ver co traballo que teño que facer", aseverou.

PERFIL

Julia Torregrosa, que figura no número sete da lista de En Marea por Pontevedra, tomará posesión da acta que deixa libre Xoán Hermida, deputado que renunciou ao seu escano. Profesora de educación secundaria nun instituto de Poio (Pontevedra), é a responsable de Educación do partido morado en Galicia, e forma parte do círculo de Pontevedra de Podemos desde fai catro anos.

De moza militou en Xuventudes Socialistas, pero di que só estivo "uns meses" porque non se atopou "moi ben". Entrou en Podemos como "algo ilusionante" ao ser "unha nova forma de facer política". Deste xeito, Torregrosa afronta esta nova etapa coa "máxima ilusión" e vai tentar "facelo ben", con especial atención ás problemáticas en educación como a precariedade dos docentes.

De tal forma, abandonará de forma "inminente" o seu posto no centro docente unha vez deixe resoltos diversos asuntos pendentes como as notas dos seus alumnos. Ademais, Carmen Santos puxo a Torregrosa como exemplo de "integración" en Podemos, xa que lembrou que formou parte da lista de Breogán Riobóo que concorreu contra ela mesma para liderar a formación morada en Galicia.

APOIO A QUINTEIRO

Por outra banda, preguntada sobre a súa opinión acerca da situación da deputada Paula Quinteiro, implicada nun altercado nocturno coa policía en Santiago, Torregrosa defendeu que Quinteiro "non é culpable de nada". A continuación, Julia Torregrosa asegurou que "é unha cuestión que está máis que falada e non hai moito máis que dicir".

Está previsto que Torregrosa asuma o seu escano o vindeiro martes --aínda que ela dixo non ser informada aínda dos prazos-- após efectuar o excoordinador de Marea Pontevedra, Xoán Hermida, a súa renuncia ao escano no Parlamento despois de que o Consello das Mareas aprobase a celebración da consulta non vinculante aos inscritos sobre o futuro da deputada Paula Quinteiro --a raíz do incidente coa Policía de Santiago--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

14 Santa Lucía

Pois hai que ter o sejuro ó día, señora Torregrosa,¿E se pasa de marcha Paula Quinteiro por onde ten aparcado o coche, qué?

1 umqueri

hahahahahhahaahahah!!!!!

13 Esca-i-rón

Nivelazo na nova dirección de Podemos Galicia. Case é mellor Bieito Lobeira: https://www.youtube.com/watch?v=fAl...

1 Robes Pietro

Bufffff!!! Parece de Kansas ou Oklahoma pero en version cutre vernácula. Por Deus, Bieito está a anos luz..., e porque non o viche cuns zapatos para praticar golf hai xa uns cantos anos.

12 urco

Carmen Santos "volveu defender a 'autonomía' do seu partido para tomar decisións dentro do grupo de En Marea". A Santos nom assumiu que En Marea nom se apresentou como coaligaçom de partidos, mas como partido de adscripçom individual pese aos seus intentos, frustrados por Iglesias. Os deputados dum partido respondem à sua organizaçom política, neste caso En Marea, nom Podemos . Ou a nova política da Santos é a patente de corso pra que cada deputado faga o que lhe saia do caralho?

1 Ferriño

POis Santos é logo a única responsábel das dúas deputadas que deberían dimitir

11 Don erre Ke erre

Falarán algún día de Galicia?

10 Todo pensado

Co que saque do Parlamento xa ten para devolverlle os cartos ó Consorcio de Compensación de Seguros polos feridos e os danos. Ta todo medido. Ta todo pensado. Que peniña de lista. Non hai un bo. Un que non era enxeñeiro, xerente dunha oficina técnica. Outro que se pon chulito cos gardas e despois coas camareiras cando marchan os gardas, e outra que ten un coche se seguro para emprestar. Despois a xente normal coa carreira rematada e algo de experiencia lles di que non quere traballar para eles e parécelles mal. Pois antes de que te relacionen con según que cousiñas...