As "cacerías" dos deputados de Podemos

Xoán Hermida suxire que hai unha "cacería desde dentro de En Marea" e desde a oposición contra Luís Villares. Os medios insisten en "cazar" a deputados de Podemos implicados en irregularidades. A nova vítima é a futura deputada Torregrosa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2018 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A situación da Marea segue lonxe de ser tranquila e vai camiño de converterse nunha marexada permanente. Cando aínda non cesou o caso "Quinteiro", agora aparecen novas acusacións contra quen aínda non tomou posesión do escano do dimitido Juán Merlo, Julia Torregrosa. E no medio, as acusacións púbicas de Xoán Hermida, o ex voceiro da Marea de Pontevedra e que renunciou ao seu escano na Cámara galega pedindo "ética" aos seus compañeiros de Podemos.

Natalia Prieto, Julia Torregrosa e Carmen Santos
Natalia Prieto, Julia Torregrosa e Carmen Santos | Fonte: Europa Press

Hermida aseguraba este mércores nunha entrevista coa TVG que se hai "cacería" é a que "desde hai dous anos fan contra Luís Villares, desde a oposición e desde algúns sectores do partido". "Nunca vin outra caza", aseguraba en alusión ao caso Quinteiro.

A preguntas dos medios sobre estas palabras, a líder de Podemos, Carmen Santos, saltaba a  recriminarlle que "é absolutamente falso" que exista tal cacería contra Villares, e cre que debe ser Hermida quen aclare "por que fai esas afirmacións que nada teñen que ver coa realidade". E volveu defender a "autonomía" do seu partido para tomar decisións dentro do grupo de En Marea.

OUTRA NOVA POLÉMICA

Un partido, o de Podemos, que volve estar no centro da polémica logo de que algúns medios insistan noutra "cacería" aos seus dirixentes. Desta volta, é Julia Torregrosa, que será nova deputada de En Marea no Parlamento galego en próximos días, e admitiu este mércores que o seu coche estivo implicado nun accidente de tráfico con feridos sen ter o seguro "ao día".

Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa
Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa

Así o apuntou este mércores a preguntas da prensa en rolda de prensa en relación cunha información de El Correo Gallego na que se indicaba que un coche ao seu nome, que levaba máis dun ano sen seguro, viuse implicado nun accidente con feridos en Poio --concello que goberna o BNG--, a principios de marzo no que Torregrosa non conducía.

"Houbo un accidente de tráfico no que puiden verificar que o seguro non estaba ao día como eu pensaba", explicou, pois se trata dun seguro "cunha compañía de Internet" que se atopa "fraccionado" nunha conta "online". "E atopeime que non tiña o seguro ao día", expuxo.

Nunha rolda de prensa en Santiago coa líder de Podemos Galicia, Carmen Santos, Torregrosa informou de que no seu coche --que si ten a ITV en regra-- houbo un ferido que "quedou máis grave" nese accidente, mentres "os outros foron feridos leves".

Cuestionada sobre se eses feridos leves iniciaron algún procedemento contra ela, respondeu: "Aínda non hai nada iniciado, supoño que haberá un xuízo". "Eu non teño ningunha información porque información oficial non chegou", agregou.

DEFENDE QUE FORMA PARTE DA SÚA VIDA PRIVADA

"Temos mil cosas a facer e mil cosas na cabeza e, lamentablemente, foi así, está solucionado", afirmou sobre o accidente, que reduce a "un problema administrativo". "Lamento moito a situación", engadiu.

Deste xeito, Torregrosa identificou o sucedido nese accidente como "asuntos puramente privados". "Sinceramente creo que a miña vida privada non ten nada que ver co traballo que teño que facer", aseverou.

PERFIL

Julia Torregrosa, que figura no número sete da lista de En Marea por Pontevedra, tomará posesión da acta que deixa libre Xoán Hermida, deputado que renunciou ao seu escano. Profesora de educación secundaria nun instituto de Poio (Pontevedra), é a responsable de Educación do partido morado en Galicia, e forma parte do círculo de Pontevedra de Podemos desde fai catro anos.

De moza militou en Xuventudes Socialistas, pero di que só estivo "uns meses" porque non se atopou "moi ben". Entrou en Podemos como "algo ilusionante" ao ser "unha nova forma de facer política". Deste xeito, Torregrosa afronta esta nova etapa coa "máxima ilusión" e vai tentar "facelo ben", con especial atención ás problemáticas en educación como a precariedade dos docentes.

De tal forma, abandonará de forma "inminente" o seu posto no centro docente unha vez deixe resoltos diversos asuntos pendentes como as notas dos seus alumnos. Ademais, Carmen Santos puxo a Torregrosa como exemplo de "integración" en Podemos, xa que lembrou que formou parte da lista de Breogán Riobóo que concorreu contra ela mesma para liderar a formación morada en Galicia.

APOIO A QUINTEIRO

Por outra banda, preguntada sobre a súa opinión acerca da situación da deputada Paula Quinteiro, implicada nun altercado nocturno coa policía en Santiago, Torregrosa defendeu que Quinteiro "non é culpable de nada". A continuación, Julia Torregrosa asegurou que "é unha cuestión que está máis que falada e non hai moito máis que dicir".

Está previsto que Torregrosa asuma o seu escano o vindeiro martes --aínda que ela dixo non ser informada aínda dos prazos-- após efectuar o excoordinador de Marea Pontevedra, Xoán Hermida, a súa renuncia ao escano no Parlamento despois de que o Consello das Mareas aprobase a celebración da consulta non vinculante aos inscritos sobre o futuro da deputada Paula Quinteiro --a raíz do incidente coa Policía de Santiago--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

4 Xan do Can

As irregularidades son obra dos medios ao servizo da dereita? Non, son feitos dos cabeza de lista de Podemos, logo os cazados son os únicos responsables. A resposta da nova/vella política de Podemos, Julia Torregrosa, sobre a rupturista de espellos, a tan lembrada Paula Quinteiro, é calcada á de Carmen Santos, exacta ás que ofrece Raxoi para tapar os seus colegas mafiosos. Se celebrar nun local aparte, xusto na mesma hora que as Mareas teñen plenario, pasando de asistir e render contas, entre berros e aplausos de "Villares hijo_de_puta", se iso para Carmen Santos non significa nada, que podemos agardar da delegada de Pablo Iglesias? Nada, só tapar a nova casta! Estades acabando coa alternativa para soster políticos amiguiños da cosa corda, coma sempre. Unha vergoña de Carmen Santos e colegas colocados por Podemos.

3 circulos do xuiz villano

COMA.... pero isto xa non e asi chegaron a acordó entre as duas forzas, o pacto de Brion, xa esta todo arranxado, xa chamaron a mandriles via telefónica o despacho de juan merlo asesor do politicastro da parlamentaria "marisco galego barato e sen compromiso" xa esta todo en vías de solución o –vieiras xa esta tomando brandy “the bourbons” todo o compromiso pasa polo desarmamento dos círculos internos de militancia, primeiro serán levados a clandestinidade polo medo e despois purgados encargándose os habituales de fpg e gerrilleiros de “jexucristo das –vieiras rei” non teñen xa porque preocuparse os deputados podreiro-mareantes por naderías, por espellos rotos, por accidentes, por inxenieirias fabuladas en curriculuns incertos (miren si o –vieiras fixo os cursos na universidade da sobona perpiñang) e o momento da paz e do bo arranxo, miren as imaxes da ultima xuntanza podreiro-mareante - https://www.youtube.com/watch?v=o-3...

2 Laupegálaupegá

O accidente foi en Poio, "concello que goberna o BNG" en secreto. Estaba claro que é culpa do Bloque.

1 Raxó

En Poio, precisamente, o que fai o alcalde da UPG-BNG é recibir a "misses" no salón de plenos. Un acto que lle encantaría a Goretti Sanmartín

1 Ana das lorbagasverdes

Isto xa roza o esperpento. Coma lles podedes facer isto aos vosos votantes? E que non lles tedes respeto algún? Xa está ben. E penoso todo isto. A min nunca me enganastes.