Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2018 | Actualizada ás 20:24
A inauguración da mostra na que se exhibirá a obra de Castelao 'A derradeira leición do mestre' terá lugar o 5 de outubro, segundo confirmou este xoves o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
Rodríguez atópase na capital arxentina xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; para ultimar os detalles da cesión temporal do cadro, propiedade do Centro Gallego de Buenos Aires. A obra, considerada unha das máis representativas de Castelao, chegará a Galicia o próximo outono. O 5 de outubro terá lugar a inauguración da exposición na que se exhibirá na Cidade da Cultura.
"Foi un reto expor esta oportunidade de exhibir por primeira vez o cadro en Galicia, pero é posible porque miramos cara á colectividade con moito respecto, orgullo e con ganas de seguir construíndo pontes", declarou o conselleiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.