Julia Torregrosa xa é nova deputada logo dos tirapuxas dentro de En Marea

Prometeu o seu cargo logo da dimisión do tamén deputado de Podemos Juan Merlo por terxiversar o seu currículo e da decisión de Xoán Hermida de abandonar a súa acta tras activarse unha consulta sobre o futuro de Paula Quinteiro entre as bases

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2018 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Julia Torregrosa, que figura no número sete da lista de En Marea por Pontevedra, tomou posesión do seu cargo como deputada no Parlamento de Galicia após a renuncia do parlamentario Juan Merlo, que deixou o escano por mentir no seu currículo.

Natalia Prieto, Julia Torregrosa e Carmen Santos
Natalia Prieto, Julia Torregrosa e Carmen Santos

A deputada prometeu acatar e respectar a Constitución e o Estatuto de Autonomía no arranque da sesión plenaria deste martes, que se iniciou coa comparecencia da valedora do Pobo, Milagros Otero.

Esta militante de Podemos Galicia tomou posesión da acta que deixa libre Xoán Hermida, deputado que renunciou despois de que o Consello das Mareas aprobase celebrar unha consulta sobre o futuro da parlamentaria Paula Quinteiro, que se viu envolvida nun altercado coa Policía Local de Santiago durante un control por vandalismo.

Profesora de Educación Secundaria nun instituto de Poio (Pontevedra), Julia Torregrosa é a responsable de Educación do partido morado en Galicia, e forma parte do círculo de Pontevedra de Podemos desde fai catro anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 Gamela

Radiografia de En Marea (actualizada) https://i.gal/gamela03

7 Bernal Calvo Delaciga

Esta muller aínda non comezou a súa actividade parlamentaria e os trolls do PP/BNG xa lle están a ladrar coma cans rabiosos. Pódelles a ansia. No fondo, son uns elitistas que non soportan a chegada de profesoras, mestras, enfermeiras... ao seu noutrora exclusivo Hórreo. Fede a clasismo, a aposta pola política profesionalizada.

1 Un galego

Home non creo que os do BNG critiquen a ninguén por ser profesora, mestra, enfermeira... Se algo lle criticaban ao BNG era precisamente iso, porque os de sempre non soportaban que xente normal chegara aí. Esta persoa ademais chega aí tras varios rebotes e, vividores da política hainos en todos os partidos por desgraza. Aí tedes uns cantos exemplares porque precisamente no BNG non collían cacho. Creo que fun honesto e respetuoso. Penso que aquí a maioría dos trolls son peposos disfrazados, non negando que tamén haberá algúns dos outros

6 Troncoso

Non poñades publicidade sexista nas fotos. Non está ben usar mulleres atractivas para facer publicidade.

5 Txúpama

De que dá clase? De ética ou de seguridade vial? É que nos dous casos hai que escapar correndo.

4 anticasta

Carglass España, o colegio privado privado SEK Atlántico e o Consorcio de Compensación de Seguros, patrocinan a esta banda de pijos corruptos e impresentables.