Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2018 | Actualizada ás 11:01
Julia Torregrosa, que figura no número sete da lista de En Marea por Pontevedra, tomou posesión do seu cargo como deputada no Parlamento de Galicia após a renuncia do parlamentario Juan Merlo, que deixou o escano por mentir no seu currículo.
A deputada prometeu acatar e respectar a Constitución e o Estatuto de Autonomía no arranque da sesión plenaria deste martes, que se iniciou coa comparecencia da valedora do Pobo, Milagros Otero.
Esta militante de Podemos Galicia tomou posesión da acta que deixa libre Xoán Hermida, deputado que renunciou despois de que o Consello das Mareas aprobase celebrar unha consulta sobre o futuro da parlamentaria Paula Quinteiro, que se viu envolvida nun altercado coa Policía Local de Santiago durante un control por vandalismo.
Profesora de Educación Secundaria nun instituto de Poio (Pontevedra), Julia Torregrosa é a responsable de Educación do partido morado en Galicia, e forma parte do círculo de Pontevedra de Podemos desde fai catro anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.